![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiz38h_NGYEz7ZNc2xO3y3_8kzkYDlJiKMtvLQvsxsQWDYs8kfB3AVw0iXl3RzsiLrkvFNgjpoPPqOyqW78g8kmYl9HL7bk5yUJXMi7oAVmpwiFabKUHJha1BcQiP6zIVLA8cGP/s400/IGNALINA.png)
Mentras o presidente galego e o seu lacaio de deportes chantaban os seus ollos de Huski na pantalla xigante de pontevedra seguindo a final do mundial nunhas disas televións coas que moitos concellos galegos lamentabelmente queiman os nosos cartos , noutro punto de europa, nun outro concello , iste si con dignidade e cunha valentía da que moi poucos galegos poden presumir , preparábanse para que iste luns a partir das 19 h , a LNB na praza de Ignalina , realice o sensacional peche ó
Folk jammin´ festival cunha apresentación a todo o público asistente do noso deporte que será executada por
Nicola, o palanador Lituano que realizou xa un varado no Aberto Internacional do sábado e que se postula coma a gran estrela da Billarda Lituana , a LNB xunto co poderío brutal das Bouba deixa unha fonda pegada en territorio lituano e incluso xa se fala que no escudo do concello de Ignalina que ilustra iste estalo xa hai moita xente, sobre todo nostálxicos do antigo réxime soviético , esixíndolle ó alcalde que sitúe paláns e billardas ó xeito dos tan añorados fouciños e martelos. Preparádevos para os espectaculares crónicos con fotos, videos e verbas acendidas da irrupción das billardas en Lituania , para que faigades boca, akí vai o último mensaxe radiocativo enviado por Brais dende a voráxina de Ignalina:
Hoxe pedíronnos que no concerto final do Folk jammin´na praza do concello de Ignalina ás 19h. lle aprendamos a billarda ao público! Nicola, lituano será o master!!
1 Comments:
At 8:53 PM,
Anônimo said…
air jordan 1
jordan shoes
paul george shoes
Postar um comentário
<< Home