DE MUGARDOS A SEUL, KIM JI EUN E ERIC OS GRANDES PROTAGONISTAS DA GRAN ARROUTADA GALAICO-KOREANA DAS TERRAS DE BEZOUCOS!!
Kim Ji Eun , a referencial video creadora experimental Koreana puido finalmente chegar á Galiza e asistir ao aberto Bezouqueiro de Mugardos . Alí filmou unha explicación do Subcomandante Daniel da tribo do NorLeste sobre a billarda para depois inmortalizar con imaxes o aberto no que mesmo tomou parte facendo boa isa mítica canción dos diplomáticos de Montealto que se titulaba Arroutada Koreana . Ficou coma toda a tribo Bezouqueira infectada polo perigoso virus billardeiro e adoecendo por continuar practicando tanto na Galiza coma na súa terra natal Koreana para donde leva a semente LNB para nun futuro próximo realizar un posíbel Aberto Galaico-Koreano donde os irmáns da veciña Korea do Norte poderán optar a participar por mor dun visado especial froito das excelentes relacións entre Os Ancares - Pyongyang ambas capitais executicas da República Billarda e da República Popular Democrática de Korea do Norte.
E por se alguén dubidada que a LNB tiña canteira , os acontecementos cada día e cada aberto demóstrano coa forza do xabarín da chaira ferido cunha billarda no pescozo, a gran estrela do NorLeste Eric impúxose aos puntos a Iván palandor de Sanxenxo da mesma idade e fisionamía case clonada ca o palanador ribadense, aquí vos deixamos co gran crónico de acción-reacción que Jose Luis dende o seu zulo de Sanxenxo nos envía , co aviso que un comando disas terras vai estar no Aberto do Festivalón de Remourelle iste venres para tomar impulso de cara ó gran aberto do sábado na súa terra mae , ahí vai a billarda informativa do acontecido no I Aberto bezouqueiro de Mugardos: Semifinal 1: Daniel-Eric (moi desputada, con desemtape, e reempate)Semifinal 2: Reyes-Iván-MarcosFinal: Eric-Iván (moi desputada, con desempate)Campión: Eric (que gaña por primeira vez a Daniel nunha eliminatoria, e depois tivo que suar para vencer a Iván)Subcampión: Iván (na sua segunda participación nun aberto consegue o segundo posto)Resumo: Triunfo da xerazón de 1996. A xente de Ribadeo e a xente de Sanxenxo dominan nos últimos abertos do verán.
3 Comments:
At 3:23 PM, Anônimo said…
Como tiña que ser,a estrela renaceu cun 1º posto en Mugardoss.
Por fín, xa era hora, despois de tantos intentos conseguiuno.Derrotou a Daniel, a Manel k lle prantou un varado e finalmente a Iván o subcampeón.
Parabens Eric.(Sigue con ese esforzo)
At 9:23 PM, xabarín de Meira said…
Vai ter que investigar alguén de onde ven este parecido asombroso entre IVAN e ERIC. Non quero aventurar a posible orixe xenética de ambolos dous. En definitiva, non están tan lonxe a Mariña do Salnés.
Eu poñería ao can de Flores tras a pista do seme causante de tan favuloso milagre.
At 11:24 PM, O can said…
Os milagres existen amigos
Postar um comentário
<< Home