O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 28, 2010

COAS BILLARDAS ENTRE OS DENTES , ASÍ SE APRESENTOU O PODER BOUBA DA LNB EN LITUANIA!!


Sen verbas posíbeis para expresar a emoción por outra victoria sen paliativos ó bloqueio deportivo imposto á LNB dende os medios públicos , só co poder da alianza imaxinativa entre os irmáns de Brisas do Quenllo e da LNB se puido levar adiante ista histórica acción no chan radioactivo de Iganalina ( Lituania ) , o poder das imaxes fala por si mesma, coas billardas entre os dentes así chegaron as pandereteiro-palanadoras das Bouba , con isa irresistíbel actitude quen lle pode dicer que non á poderosa equipa galega??


Refregade os ollos antes de entrar no FOTO-VARAL completo do Aberto de Lituania.


Aquí temos á equipa local Lituana diante das típicas guaguas do país que agardamos pronto translade ó potente equipo ate as nosas terras .


E adiantándose á conexión árabe - billardeira que se está a producir na universidade Aberta de Verán da Gentalha do Pichel donde xa podes adquirir coñecementos de ambas linguaxes , a equipa Turca apresentou o seu potencial no Aberto de Iganalina e incluso temos constancia que varios dos seus palanadores e palanadoras estudan inscribirse na Conferencia NorOeste da LNB para declarar definitivamente a jihad billardeira na Coruña.

E non podía faltan a gran equipa Letona, os veciños querían estar presentes apoiando iste puñetazo na mesa da LNB na europa do Leste e vaia por diante que non será o único, en Compostela xa nos comentou Aitor , o seleccionar xermano de Billarda que está na galiza coma director do equipo técnico de mestres de billarda da Universidade de verán da Gentalha do Pichel, que os seus palanadores están adestrando coma feras para dar o chimpo da Bundesliga á LNB ..... forza estornela , adiante co Varal!!

4 Comments:

  • At 6:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    O Pinto presentará a súa nova curtametraxe titulada "a minha primeira borrachera en Ribadeo" o Venres pola tarde durante a sesión vermut.


    Que se prepare ribadeo, a faisca manda a un dos seus comandantes.

     
  • At 3:46 PM, Anonymous Anônimo said…

    Estos xogan a billarda pois a vistementa e muy axeitada para este xogo

     
  • At 10:28 PM, Anonymous Os bares da zona vella said…

    Arredemo!
    Tiñades que avisar de que chegaba o Pinto para ter reserva de Birra!!
    A ver si entre todos lo damos enchido.

     
  • At 4:16 PM, Anonymous Anônimo said…

    Deixade a Pinto en paz que se porta muy ben

     

Postar um comentário

<< Home