TODO O EQUIPO DE "RADIO CABALINHO" LISTO PARA A EXPLOSIVA RETRANSMISIÓN AO VIVO DA GRAN MUIÑADA DE CONXO_10!!
Se estiveches algunha vez nunha rapa das bestas xa tes unha idea do que supon unha retransmisión ao vivo de Radio Cabalinho , unha loita do home contra o animal que levan dentro , no set de Conxo estarán os speaker-garañons de tódalas conferencias emitindo animando á festa e alentando á loita dentro e fóra da pista de xogo. Haberá entrevistas e sets akusticos ademáis da leitura dos microrelatos a concurso que os irmáns de Latri.ca teñen en marcha para celebrar xunto coa LNB unha nova edición do Play Off nacional, xa temos un feixe de micro-xoias literarias á túa disposición que xa podes ler no espazo do concurso e ademáis pedimos unha leitura activa é dicer, que non pases por alí sen diexar a túa micro-pegada literaria, tan como fixo irmán An do referencial web-blog Paxaradas que porque non, igual unha das ideas coas que parte alianxa Paxaradas-LNB sexa transquivir en viñeta o micro-relato vencedor no concurso de latri.ca.
Radio Cabalinho pois vai rachar co silencio imposto dende os medios públicos galegos para non dicer nen mu da manada de búfalos e búfalas , como din os irmáns do NorOeste, que van invadir Conxo iste domingo 30 de Maio, e como non podía ser doutro xeito o LNB Sound System durante as narracións de Radio Cabalinho realizará pinchadas cos temas do apologhit baseada nas cancións dista edición tamén silenciada polos medios públicos diste estrano e curioso país. A festa estará condi,emntada cun xantar realizado polos irmáns da Faisca con prezo de 12 euros cada menú e durante o café e os chupiños teremos a actuación da LNB Folk Crew que engloba a todos os músicos do eido tradiciónal da gran serpe multicor....vas perdes todo isto? , entón é que non tes sangue nas veas!!
5 Comments:
At 11:21 AM, Anônimo said…
O cabalo é o mesmo o que se refire Manu cando estamos no Planta Baixa?
At 3:02 PM, An said…
Pódoche asegurar que si que a teño...fai nada metinme un corte que non vexas. Saúdos, pasádeo ben.
At 3:37 PM, Ruben Otero said…
Este mensaxe vai para a xente do Norleste:
Non vos é mellor non ter que madrugar o domingo, quedarvos en cama ata a tarde e pasalo día tranquilos por Ribadeo que vir ata Compostela para non gañar absolutamente nada?
Aínda estades a tempo de retirarvos e non quedar mal o domingo.
At 5:02 PM, Daniel said…
Coño para Rubén! Seica andiveches de troula? Arroutadas como esta son as que logo se pagan! Sentidiño rapaz e consello por consello, aproveita para facerlle unha visita o Apóstolo e ofrécelle o trofeo do pasado ano, porque o que é este...
Por esta zona chove moito pero ainda non afogamos e a vosa pretensión de desestabilizarnos fainos escachar ca risa, je.je. Deica outra
At 5:14 PM, xosinho said…
dende o Norleste imos a Conxo a por tódolos títulos, ademáis chegamos con reforzos de dous brasileiros que ides flipar, por certo a ver se Rubén Otero non me deixa o micro baballado coma sempre porque na loita de speaker de radio cabaliño tamén vos imos mallar!!
Postar um comentário
<< Home