Coñece en tempo real @s campións nacionais no espazo Latri.ca da LNB!!
Todo listo para que dende as 11:30 h. da mañá diste domingo as billardas de Geni e do resto de aspirantes ó título nacional da máis reñida e intensa final feminina da história boten a andar na pista de terra de Conxo , despois final de franquicias na que os Paquete Pinchas defenderán título ante 7 cans asilvestrados famentos de gloria, xantar de irmandade realizado polos irmáns da Faisca coa poderosa loxística da franquicia local Xogos Tradicionais. E no serán final de Varados e Absoluta na que Rubén Otero defenderá dóbel título con uñas e dentes.....e ate ás 14:30 h do mesmo domingo terás tempo a participar no concurso de microrelatos billarderos realizado polos irmáns de Latri.ca xa que o campión será elexido no mesmo estadio de Conxo entre o púvlico e o equipo de Radio Cabalinho . Guerra psicolóxica en tódos frontes para tentar desestabilizar ó inimigo marcan o arrinque para un Play Off Nacional de dimensións estratósféricas, é por elo que pedimos a máxima colaboración e implicación a tódol@s particiapntes xa que reiteramos que todo o que se fixo durante toda a tempada que desemboca nista gran muiñada é froito do gran esforzo de toda unha serpe multicor que en Conxo vai desfrutar , pase o que pase e por riba de todo , dunha merecida festa de irmandade e emocións compartidas entre todos os palanadores e palanadoras das conferencias da LNB.......moita sorte para tod@s @s finalistas e a polas corozas nacionais da LNB!!
2 Comments:
At 7:22 PM, Banda deseñada said…
O palanador dos Billardeiros musicais Daniel:
http://1.bp.blogspot.com/_YoPAkwSb7ws/S-rpbdc7KDI/AAAAAAAAA9Y/n6bG1VVnXeM/s1600/Daniel.JPG
deu o seu paso a banda deseñada.
http://astuasbalas.com/wp-content/uploads/2007/12/g08b.gif
Fotomontaxe xa Xermán
At 10:40 PM, Anônimo said…
Ja ja ja...
Postar um comentário
<< Home