PLAY OFF NACIONAL_10, PORQUE NOS ENCANTA QUE OS PLANS NOS SÁIAN BEN!!
Nistes intre de intensidade tal temos que buscar referentes inmediatos que solucionen grandes e complexos acontecementos coma o que o vindeiro 30 de Maio tod@s imos afrontar, é por elo que a solución a atopamos no peito do palanador do Sur Pinto, ahí van os primeiros petiscos dista que vai ser a maior muiñada billardeira de todas cantas se teñen celebradas ate a História>>
- Xa termos o cartaz oficial dista Play Off Nacional_10 obra do noso foto-palanador fetiche, como non podía ser doutro xeito o artista e fotógrafo experimental Nachok bótase ó monte e faino xunto ó seu antigo compañeiro e batería no mítico grupo de rock dos 90 Diglósicos e Porcojones , Ernesto que milita na UNiversiade de Belas artes de Pontevedra tamén dá a súa potente pincelada a unha nova xoia tan grande que non hai museo que teña portas suficientemente grandes para metela.
- Atención porque o estreo do cartaz farase no espazo irmán chamado latri.ca , o twitter galego abraza e aposta firmemente pola revolución billarda ademáis porque na semana previa
ó Play Off Nacional se porá en marcha un concurso de microrrelatos billardeiros , 200 caracteres donde na história ou poema terá que aparecer a palabra billarda-s ou as utilizadas en calqueira parte do país e do mundo para designar o noso desporto ( Pincha, Cachiza, Pateiro, Estornela, Quimbumbia, Liriu, Billa, Txirikila, Pandolo, Lippa....) o idioma válido para o concurso será o galego en todalas súas variantes e normativas.
- O set de pista estará capitaneado por ise fenómeno nas ondas da AM chamado RADIO CABALINHO , alí estarán os speakers de tódalas conferencias retransmitindo a loucura que se vai viver nas pistas e nas bancadas, con eles estará o LNB Sound System que prepara unha explosiva sesión especial Apologht_10+o mellor das anteirores edicións, haberá un micro aberto para MCs , poetas ou calquera que teña algo de expresar e ampli e guitarra para sets musicais de que así o desexe, se sacache un libro e che interesa presentalo tamén poderá facelo con toda unha tribo famenta de cultura ceibe , interesad@s>> ovaral@hotmail.com
- Paralelo ó descurrir da xonada e dos actos teremos un set especial como aconteceu na anteror edición para a realización e planificación de Abertos , polo que se queres entrar en contacto e queres que a serpe multicor da LNB vaia ó teu pobo, vila , aldea ou cidade achégate a Conxo iste 30 de Maio , coñécenos de primeira man e plantexa o teu proxecto.
- A LNB condea unha vez máis o polo momento apagón informativo que durante a desputa do Play Off Nacional vai realizar a televisión pública do país, máis aplaudimos enormemente a valentía da productora Galega Bren que vai dar o paso adiante para filmar toda a xornada dende que un palanador se ergue para ir a Conxo ate que remata o play off nacional nunha inédita e intrépida visión audiovisual dista poderosa revolución dende dentro que se non se torcen as cousas poderedes ver nisa canle que lle din A Galega.
2 Comments:
At 6:58 AM, Anônimo said…
Miña nai! que boa pinta ten isto! eu non me clasifiquei mais non penso perdermo.
At 3:22 PM, Anônimo said…
Que faría o freak do Pinto?
Postar um comentário
<< Home