A MELLOR DEFENSA UN BÓ ATAQUE, CAMPIÓNS NACIONAIS E ASPIRANTES PREPARAN O SEU ASALTO Ó ESTORNÓPOLIS DE CONXO!!
Tod@s podemos recordar as bágoas nos ollos do actual Campión Nacional, Rubén Otero, cando na pista do Estornópolis de Conxo se convertía no 4º Corozeiro Nacional , depois de terse proclamado tamén campión nacional de Varados, Rubén agasallounos cun xogo dos que marcan época , Geni dos Outr@s do NorLeste coma Campiona Nacional e os Paquete Pinchas coma campións Nacionais de Franquicias defenderán con uñas e dentes as súas coroas de palla fronte a un exercito de palanadores e palanadoras famentos de gloria despois dunha brutal tempada que coloca á serpe multicor na pista do estornópolis de Conxo con miles de km ás costas- Actividade infernal nos web-blogs das conferencias que teñen xa na grella de saída ós seus palanadores , palanadoras, varadeir@s e franquicias para asaltar Conxo, un coliseum que contará con dobel pista simultanea + unha pista de adestramento que xa comeza a engalanarse para recibir a tan desexada Gran Muiñada da LNB, Atención porque iste mércores ás 16 h , como xa sabedes despútase o último Aberto da Conferencia-USC donde se entregarán os dous últimos pasaportes para Conxo , atentos ás pantallas porque mañá no serán completamos as táboas dos Play Off Nacionais_10!!
3 Comments:
At 11:51 AM, Anônimo said…
Non andará Rubén Otero facendo trampas cos sorteos coma sempre?
At 12:18 PM, Anônimo said…
Otero, Otero, teu pai é..... Celso!.
Sabemos o que fixeches en chantada....
At 2:46 PM, Sofia un said…
Que suba Viana a arbitrar na Conferencia USC a ver se pasa Pinto.
Postar um comentário
<< Home