O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, maio 02, 2010

LOIS DOS FILLOAS GAÑA O 5º ASALTO E TELE-VARAL RACHA O SILENCIO DENDE A CONFERENCIA NOROESTE!!


Conmoción brutal en toda a LNB , desppois da resaca do xerro moitos refregan os ollos despois de ver o espectacular video guidado dende a Conferencia NorOeste , como xa é norma a sempre perigosa e imprevisíbel conferencia Atlantica da LNB marca o seu propio ritmo e como veñen repetindo márcanse como obxectivo prioritario dar a sorpresa no Play Off Nacional de Conxo. Pero máis aló do resultado dista instensa xornada desputada no frontón de Riazor que situou a Lois dos Filloas de Sangue campión do Aberto e a moi poucas datas de que o vindeiro 16 de maio en Cabanas, Pontedeume , co Aberto da Proia facer saltar todos os records de asistencia na Conf. Noroeste . Mais o que xa estamos sentindo é o intenso ruxe ruxe da petición popular dun clube de fans do novo reporteiro de TELE-VARAL David Fontán que despois de velo enfundado na camiseta do 600 ten un exercito de seguidoras e seguidores adoecendo por arrincarlle o tecido que lle embolve o corpo, a LNB non cala a boca e racha o silencio con iste espectacular estalo producido por Roi-Kurosawa >>Entrevista aos finalistas da 5ª xornada da Conferencia NorOeste 09-10.Lois (Filloas) foi o gañador, e as clasificacións por franquicias seguen moi apretadas, con só 3 puntos de diferenza entre Xarutos e Filloas de Sangue, primeiros e segundos clasificados, respectivamente.