O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 06, 2010

ISTE DOMINGO REMOURELLE CONVÉRTESE NA GRAN RESERVA COELLEIRA DA LNB PARA COMBATER ISTES DUROS TEMPOS DA FAME!!


Coa intensisadade máxima despois dun multitudiario Aberto da Conferencia-USC en Compostela que sitúa á dimensión universitaria despois de 2 asaltos á altura das outras e obriga polo complexo do asunto a unificase entorno ó gran epicentro Compostelán polo que hoxe xoves e no sucesivo infórmannos dende a Conf. -USC quedan suspendidos os Torneos no Campus Lugués , un feito motivado por un novo feito sen precedentes xa que ista conferencia universitaria vai coordianar o explosivo Aberto don´t Stop dun mes de duración entorno a un camping de estudantes en Compostela durante o verán , atentos porque seguiremos informando. E coma o doente aquel que foi ó médico e iste lle recetou comer lixeiro e iste facendo caso comeu todos os días lebre , iste domingo a Conferencia NorLeste prepara un gran chupinazo final de lixeireza tamén cuestionábel cun espectacular xantar de irmandade na Taberna de Lola , derradeiro Aberto Puntuábel na Pista de Remoulle e posterior festa final. E Atención porque niste Aberto do Coello , cun magnífico exemplar de coello bravo galaico doado por Suso de Remourelle para o vencedor do Aberto que é moi psoble que a LNB pida a absolución para convertilo no primeiro semental dunha futura camada de coell@s billareiros para afrontar con garantía istes perigosos tempos da fame nos que estamos inmersos ...rogamos confirmen asistencia ó xantar toda a xente que resta da fecelo e todos aqueles que queiran compartir prato e loita coa serpe multicor do Norleste: chankli_12@hotmail.com / 605.316896