AS LETRAS GALEGAS A PAUS ENTRAN >> AXENDA ALTERNATIVA Á PODREDUME INSTITUCIONAL!!
suso :Nom sabedes o que é organiçar um evento deste tipo numha cidade grande e tam burocratizada como Vigo. É impossível andar a mover a data pra ponhela a gusto de todas e todos.
Adiante pois e a desfrutar dunha xonada de festa absoluta e billarda que vai rematar con máis dun dos asistentes á explosiva gala trocando os vestidos de noite e traxes polos diusfraces de tarzans e Jane perigosa na xungla de asfalto viguesa...toma nota do espectacular programa de festexos:
16:00 Inscricións
16:05 Inicia a emisión “RADIO CABALIÑO” co que poderemos desfrutar de Música, entrevistas e sesión de micros abertos para tódolos que se animen.
16:15 Comezo do derradeiro aberto da tempada regular 09-10
18:45 Pequena merenda de confraternización.
(Receso necesario para sumar os puntos na clasificación xeral)
19:30 Gran Gala LNB Sur 2010
Entrega de trofeos a tódolos equipos participantes e aos mellores palanadores e palanadoras na clasificación xeral da tempada.
Actuación Musical
… E para todos aqueles que teñan ganas de troula, as 22:00 apoteose final con cea no C.S. Faisca e posterior visita guida polos bares vigueses. Contacto directo: 647.190789
*COMPOSTELA >> ABERTO DA LUSOFONÍA
Este sábado 15 de maio, na festa do dezassete, celebrará-se o aberto de bilharda da Lusofonia, às 17h no parque de Belvís. Além da bilharda, haverá outros jogos populares.
À mesma hora, na pracinha das Ánimas, a Sala Compostelana de Esgrima Antiga (S.C.E.A) realizará umha exibiçom de esgrima:
localizaçom bilharda / contacto directo: 651.025249
Iste mesmo sábado a intensidade billardeira máscase noi ambiente e mesmo na xornade de festa e loita que os siareir@s galeg@s organizan na Estrada buscan un sherpa que os introduza no inferno billardeiro , se andas polas terra dos míticos Xenreira sinte a chamada dos garaños de Sabucedo e deixate caer no espazo Tabeirós , contacto directo: Senén / 629.986727
*NA CORUÑA O GALEGO MEDRA E A BILLARDA TAMÉN!!
Espectacular xornada iste sábado no corazón da cidade da Coruña, no parque de Santa Margarida a partires das 17 h. Aberto de Billarda donde estarán as grandes estrelas da Conferencia NorOeste previo de luxo xunto cun Torneo dos irmáns da Chave Coruñesa para á noitiña desfrutar dun brutal concerto cos locais Fracasados de Antemano, Trapallada e o poderío internacionalista dende os paisos cataláns dos valenciáns Obrint Pas- Contacto directo: 651.424014 / Xan.
DOMINGO 16-M
*ABERTO DA PROIA >> O DOCE ARRINQUE DA PODEROSA TRIBO DA BILLA!!
Espectacular posta de longo da gran tribo da Billa que iste domingo arrinca a súa irrebersíbel inmersión na LNB, as terras do Eume tremen ante a dimensión que están a coller as cousas e incluso o propio concello de Cabanas toma medidas de contanción como nos relata o Comandante Sardinha para frear o que se prevé un furacán de billas salvaxes que van deixar semente de victoria para un tan desexado novo asentamento LNB en territorio da Conferencia NorOeste.
Despois dun pequeno e previsible encontronazo co Concello polo pabillón deToma nota do programa dunha xornada de billa e loita en Cabanas ( área de Pontedeume) :
Lavandeira e tivemos que mudar o sitio. Agora vai ser en Porto, na SDCR San
Martiño de Porto que veu con moi bos ollos o campionato deportivo. A SDCR
vai comentar na directiva do luns o tema, pero xa nos adiantaron que nos
deixaban a pista de futbiño para o Aberto da Proia!!
ABERTO DA PROIA: ( Preme para ver o sitio )
12 H >> Concurso de Varados
14:30 H >> Xantar de Irmandade da Billa no Restaurante A lareira ( prezos populares )
16:30 H >> Aberto da Proia
Contacto Directo: Comandante Sardinha / 660.285643
Haberá tamén un "escancer multicor" que sairá do Norleste (Barreiros) , quen queira unirse ó comando: 619.570976
*FOGUETES E ESTORNELAS EN VIDUIDO [ AMES ]
E coa actividade nas conferencias botando lume cara ó Play Off Nacional do 30 de Maio o Centro afronta a recta final e faino no contexto marabilloso da Festa de Viduido en Ames exercendo de guía ise referente da estornela que por méritos propios se está a converter o palanador dos Trouleiros Rubén , deslumbrou chegando ás series finais no Xerro do Salnés e despois de dar o paso inscribíndose tamén nas filas da Conferencia-USC decide guiar a gran serpe multicor da área estornela para introducila por primeira vez nas poderosas terras do concello de Ames. Atención porque a Conferencia Centro iste domingo constuirá ise perigoso coctel de sesión vermute e Aberto de Billarda de consecuencias imprevisíbeis, colle a faria e acende o foguete!!
Contacto directo: 654.232108
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home