O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, abril 03, 2010

MAGHUA O CORUNHO POWER INVADE O ALALÁ E AS PISTAS DA LNB!!


Cos ollos postos no web oficial dos Maghua agardando o aviso da emisión no alalá do seu programa monográfico gravado fai unhas semanas na Repichoca da Coruña, fai uns días e sen aviso foi emitido no canle que se fai chamar A Galega. Estalos diste calibre emocional e de intensidade brutal fan que non decidamos aínda inmolar os nosos receptores. Maghua , o grupo de pandereteiros coruñeses arrasan co seu fulminante corunho-power golpexando nos seus panadeiros, latas , botellas e sachos . Monográfico para enmarcar no que os peixes de Maghua sacan cadansúa inquedanza paralela ó universo tradicional , traiñas , alterofilia e poderío xaruto-billardeiro representados nos pelexos de Rafa e Serxio que transladan as cámaras do alalá a un día calquera dun Aberto do NorOeste . Se o perdiche recupera akí o espectacular estalo do Alalá de Maghua!!