O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, abril 01, 2010

LUGO , XERRO DO SALNÉS , MARÍN... MOVEMENTOS XA CONFIRMADOS NISTE FRENÉTICO ABRIL QUE ARRINCA!!


O exemplo da tribo billeira cunha espectacular xornada de billarda -xantar-billarda celebrada iste primeiro de abril en Veiga-Laraxe ( Terra de Bezoucos ) senta os poderosos pilares nos que vai desenrolar a brutal e frenética actividade billardera aberta en tódolos frontes. Abril augas mil di o refraneiro e Abril revolución dos carabeis e revolución galega do 1846 día a nosa historia que naide nos poderá arrebatar. É por elo ademáis que xunto cos irmáns de Madia-Leva a LNB xa confirma o domingo 11 de abril ás 16 h. celebrarase Aberto de Billarda Cidade de Lugo nista ocasión intitulado coma Aberto do Levantamento 1846 que reunirá a toda a tribo billardeira do NorLeste , da Chaira e da cidade de Lugo na pista da asociación de veciñ@s de San Lázaro no lugués Barrio da Ponte . Con Marín xa confirmado coma sede para o próximo aberto na Conf. Sur coa posibilidade ademáis de incluir actividades anexas no C.S Almuinha nista aberto no que se agarda con entusiasmo desmedido a entrada en pista do palanador da Faisca Manu despois do seu espectacular periplo descrito nos comentarios motivado polo seu erro de situación ó presentarse xogar a salvaterra cando o aberto LNB se celebraba en Salceda. E no emisferio sur tamén xa se confirma o domingo 25 de "abril" coma data para a celebración do agardadísimo Aberto do Xerro do Salnés en Xil ( Meaño) , prepárate porque os furanchos xa están abertos agardando por ti!!

NON Ó ACOSO Á DISIDENCIA XUVENIL, SOLIDARIDADE CON IAGO BARROS E CON AGIR!!


Pero non podemos deixar de facernos eco do intolerábel acoso e persecución que os compañeir@s de Briga recibiron fai uns días durante a celebración das xornadas da Escola de Formaçom que realizaron no Centro Social Okupado da Estaçom de Pontedeume , centro social ademáis integrado dentro da tribo billeira da LNB con epicentro en Cabanas. Feitos de acoso que remataron coa detención do compañeiro Iago Barros nas rúas de Pontedeume xusto no intre , mira que causualidade, cando a xente de escola de formaçom se dirixía a realizar unhas practicas relacionadas co deporte tradicional, entre as que se atopaban a Billarda>> "Finalmente partiriamos para praticar os jogos populares, cousa que se viu interrompida polo segundo controlo consecutivo, em dous dias, colocado pola Guardia Civil sob ordens políticas de identificar todas as pessoas participantes no encontro. Nom só nom o conseguírom por incompetentes, senom que procedêrom a deter umha das pessoas, que se ocupou durante toda a Escola de Formaçom de tirar fotos da mesma e, também, de fazê-lo quando vários veículos eram parados em pleno centro de Pontedeume para testemunhar graficamente a perseguiçom das instituiçons do Estado da dissidência juvenil."

1 Comments:

  • At 2:32 PM, Anonymous Pinto said…

    Hai un erro na data do Xerro do Salnés, ou é un erro ou inventaches unha maquina do tempo que nos permita chegar ó 25 de marzo a Meaño.


    Viva a Revolución Bilhardeira!

     

Postar um comentário

<< Home