O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 26, 2010

XAN RODIÑO APUNTA E TOD@S NOS DISPARAMOS , MANDA O TEU MAIL DE PRESIÓN PARA A FORMACIÓN DA CONF. USC!!


Xa son centos os interesado en formar parte dise xermolo que dará lugar á tan desexada primeira Conferencia Universitaria da LNB , para a tribo da Conf. Sur que asistíu ó aberto de Salceda donde o Reverendo Xan Rodiño desplegou o seu maxistral plan de presión e acción para que as billardas comecen xa a bruar no campus universitario de Compostela e Lugo. Atención porque Lugo como ben sabes entra tamén niste entramado billardeiro da Conferencia USC e admáis è prioritario niste proxecto de asentamento na comunidade universitaria. Xan Rodiño é tecnico deportivo da Fundación USC Deportiva, pódelo atopar traballando arreo pola difusión do deporte da billarda e doresto de xogos tradicionais no edificio da Fundación no campus sur se nos vas pasar istes días por alí e queres comunicar con el faino aquí : xarodino@terra.es . Xan vai ser o coordinador da Conferencia-USC e a primeria acción que nos expón a toda a tribo sexades universitarios ou non é unha avalancha de correos de presión ó máximo responsábel dista ára que será quen déa o ten desexado OK a ista inmersión histórica: aquí vos deixamos o correo ó que facer diana cos vosos estalos amosando un famento interese pola Liga Universiaria de Billarda que proximamente vai arrincar: alexandre.cadarso@usc.es . Agradeceriamos que escribirades a esta dirección electrónica o maior número de mensaxes. Simplemente, interesándovos por esa liga de billarda que seica oístedes que vai empezar, e por como hai que facer para participar nela, ou sexa, como, cando, onde, quen…dendo o mail de traballo , da casa, do faiado....utilizade os 6 ou 7 que empregades para colapsar a centraliña diste home para que poda semtir o temerario alento da LNB na caluga...

MONTOUTO SOUND MACHINE ISTE DOMINGO INVADINDO DE BILLAS A CABINA DE RADIO OCEÁNICA!!


Qué decir de Sak? dende a cabina dise catro eixos sonoro chamado Radio Oceánica que sáe á ruta cada domingo ás 22 h na frecuencia da RGM coa forza dun kamizake en carril contrario nunha autopista....Sak , o palanador-oh!! de orixe luguesa pilota a contracorrente e sube no seu trailer ó máis perigoso dos auto-stopistas da peninsula ibérica que habitualmente transista no espazo- tempo Sabucedo-Cuenca, alcumado polas autoridades que o perseguen coma O garañon do Dab galego, iste domingo vai subirse ó tres eixos de Sak para comentar experiencias dun exilio que o levou a rachar barreiras e decidir alaiarse con súa avoa para interpretar un dos maís impactantes temas da história da música galega contemporanea que iste domingo soará nise enorme e intelixente claro no medio de tanta escuridade chamado radio oceánica.

....E EN XIXÓN OS LIRIUS ASTURIANOS BUSCARÁN O CENTRO DA TERRA!!

Coa primaveira encima e en sesión de mañá na pista do Llano de Xixón , iste domingo os irmáns do CNL arrincan tamén a súa competición oficial que nista xa segunda edición terá a gran novidade de buscar un campión nacional individual á par da súa xa mítica búsqueda do mellor equipo do país asturiano. Non sabemos se haberá posibilidade de apostar pero de poder faríamolo polo palanador local Sergio de espor[a] que despois de patinar ante o seu público no Bollu Preñau e deixar escapar o truinfo en Illas nunha final de infarto fronte a Carlos Suari , pode que sexa iste o intre no que o campión do Lacón Cantábrico rache o malefio fóra da campetición internacional . Forza e adiante a revolución Liriu!!

1 Comments:

Postar um comentário

<< Home