O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 14, 2010

OVARAL-TWITTER: DO FAISCA Ó FRONTÓN DE RIAZOR E DE MONDOÑEDO A SALCEDA PARA INVADIR AS UNIVERSIDADES!!


REFRÉSCATE COMA O PAXARO DE TWITTER-VARAL PORQUE COMA EL A DINÁMICA E A ACTIVIDADE DISTA FIND , CON FOCOS ABERTOS XA PARA O VINDEIRO DOMINGO 21 EN COMPOSTELA REAFIRMAN ISO DE QUE A A LNB É O ANIMAL GALAICO Ó QUE MÁIS LLE FERVE O SANGUE NO CORPO:

-Triunfo absoluto da Palestra_LNB no Faisca o sábado en Vigo e acéndese a mecha do lume para que iste xeito de expresión billardeira se espalle polo país enteiro.

-Madrugaban o tribo do NorOeste http://www.lnb-noroeste.blogspot.com/ iste domingo e pillabamolos en plena final na que unha das gandes estrelas dista conferencia , Roi dos Filloas , se enforntaba a un dos palanadores da escadra dos Xarutos que continúan na súa loita contra a história para conseguir pasaporte a Conxo.

-domingo 16 h>> simultaneas enganchadas en Mondoñedo e en Salceda. Na vila no norte lugués producíase o feito histórico que un palanador Brasileiro , Guilhe dos Outros, vencía nun Aberto da LNB abrindo así as espectactivas dise tan desexado Aberto da Lusofonía donde se homenaxearán especialmente ós palanadores chegados dos paises cos que compartimos lingua e loita. Mondoñedo tamén foi esceario da espectacular actuación do grupo folk Aires do Padornelo que presentaron a toda a tribo do NorLeste a súa composición de apoio á revolución billardeira A Xota da LNB, pero non foi ista a única presentaza deslumbrante senón que tamén tivemos o enorme pracer de campartir estalos con André Outeiro , o creador do deseño do noso logo tamén coñecido coma Palano, un feito de enorme orgullo só comaprábel coa magnitude da organización posta en marcha polo representante da LNB en Mondoñedo Txomin , un bucaneiro de corazón e ialma que mobilizou un espectacular engranaxe para sacar adiante un espectacular Aberto na mítica alameda dos Remedios. Simultaneamente en Salceda un cento de palanadores e palandoras arrincaban as tearañas dos recunchos das catro pistas simultaneas que despois dunha espectacular final na que o xa mítico Xan Rodiño fronte a un Se Foras Traballar se facía co seu primeiro triunfo nista tan esixente conf. sur. Ademais a victoria de Rodiño equilibraba as puntuacións por equipos entre a Faisca e Se Foras Traballar sendo tamén nun desempate entre catro-megaestrelas de cadansúa franquicia o triunfo para os Vigueses do Faisca. Ademáis Xan Rodiño anunciou no propio micro do LNB Sound System en Salceda a inminente irrupción dunha histórica LNB de ámbito universitario que vai rachar coa monotonía das aulas e das cafeterías.....Adiante a LNB en tódolos frontes!!