O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 29, 2010

NITRAMON ,KISS ME , KISS ME, KISS ME!!


Xa podemos botarnos ó resumo xenial con mini foto-varal incluido da última enganchada puntuábel na conf. centro , donde as estornelas en Belvís se rendiron ante o arrebator poderío de Amador , o palanador de Xogos Tradicionais demostrou ser dentro e fóra da pista ise auténtico dandee que a revolución LNB tanto necesita. E ó caron da actualización do web da conf. centro , tamén puidemos sentir pero por desgraza aínda non accedaer por problemas técnicos á listáxe clasificatoria na conf. noroeste , conferencia ista que moita atención porque temos preparado un espectacular foto-documetal cos espectaculares estalos do I Aberto de billa bezouqueira dentro do programa de aprendizaxe que o comandante Xosé manuel Sardiña está impartindo ó seu espectacular exercito de palanadores e palanadoras da Terra de Bezoucos en Cabana ( Pontedeume) e anotade porque iste xoves hai nova sesión preparatoria a partires das 12 h na Veiga Laraze contacto directo: xmps@hotmail.com , pegádevos ás pantalllas porque iremos informanado

E como os bicos e a paixón non cesa nas pistas da LNB nen na arañeira de webs da LNB xa que despois do ouvido iste domingo no histórico estalo de presentación da República Billarda en Radio Oceánica da RGM, que moi pronto capturaremos , e o vivido no espectacular intercambio de fluidos nos comentarios no web oficial da conf. sur clarifica todo iso que os irmáns da Faisca intitulaban na primeira Palestra da LNB , a billarda moito máis ca un desporto... pode verse e intuírse nisa restra de comentarios despois da cal xa nada é igual. Se no Norleste se manita xa na posibilidade e realizar unha segunda parte da mítica curta O Golpe entorno á agardado retorno de Calvete ás canchas, no Sur emerxen unha infinidade de frontes de cada un dos centos de comentarios donde a história do palanador que foi trabucado xogar a Salvaterra ......colle xa tintes épicos. Non sabemos se será ise director galego exiliado en marrocos chamado Oliver Laxe o que se atreva a meterlle man a todo iste cúmulo de loucuras paralelas ó marabilooso bruar das billardas sobre o ar liberado das pistas da LNB pero o que está claro é que algo vai haber que facer para dar renda solta a tanta inquedanza.


Unha revolución que se na Galiza busca o horizonte infindo en Asturies como se puido ver iste domingo en Xixón no arrinque dunha nova edición da Liga dos irmáns do CNL , o exército de machetadores e machetadoras do Conceyu Nacional de Liriu acenderon na pista do Llano un lume baixo a terra que se intúe xa imparábel despois de ver ás 5 franquicias CNL buscar o castru coa intensidade dun xabarín ferido. E recordamos ademáis a toda a tribo que seguimos inmersos na campaña de envío mails de presión para a inmesión billardeira na Universidade , se non enviache bótalle nitramón ó asunto e faino xa pedindo información sobre isa liga de billarda que vai revolucionar as aulas: alexandre.cadarso@usc.es

2 Comments:

  • At 10:06 PM, Anonymous Jojo de barra said…

    O Amadore está casado?

    Máis que nada por que na foto parece que hai algo máis que "simples parabens"

    Eu non digo nada que despois todo se sabe!

     
  • At 11:45 AM, Anonymous CUPIDO said…

    Amadoreeee , falamos de regulamentación sobre paláns e billardas mais na LNB nunca se condeou a poligamia nen feminina nen masculina!!

     

Postar um comentário

<< Home