O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 03, 2010

LATRI.CA - LNB , A FIRME ALIANZA QUE ARRINCA NISTE BILLARDA ALL STARS DO PINO!!


Eran centos os palanadores que pedían a berros o retorno dos míticos xostregazos do Varalmorse en tempo real dende as pistas de xogo da LNB , despois dunha inactividade por causas técnicas alleas ó entramado billardeiro niste Bilarda All Stars arrinca de novo iste imprescindíbel formato e para elo a LNB alíase con LATRI.CA , a refencial rede social galega de twitter afrece xa un espectacular espazo para seguir en tempo real as conexión dende a pista do Marquiño do Pino . Entra e fai a túa conta latri.ca para coñecer en tempo real , nas conexións das 14 h e 19 h os campIóns ou capionas diste All Stars accedendo ó espazo >> www.latri.ca/ovaral

Pero a alianza Latri.ca-LNB amiaza ir moito máis aló e xa bule a idea dun concurso de microrrelatos billardeiros con máximo de 200 caracteres , vai pondo o maxón a trabalar porque unha data clave pode ser o Play Off Nacional a finais de Maio. E unha ddas fovoritas a vencer noste concurso de microrrelatos é a mítica palanadora do NorLeste Carmiña que ven de proclamarse campiona no concurso de cartas de amor celebrado no concello de Barreiros, por desgrza unha lesión impediralle recitarnos no All Stars a súa composición pero en vindeiros Abertos de seguro que poderemso desfrutar da súa poderosa creatividade literaria. Noraoa Carmiña e que cunda o exemplo!!

ALINAZAS DO ÍNDICO Ó CANTÁBRICO !!

E se viamos como os billardas hindús brúan imparábeis no Índico , se viramos a ollada ista find cara á beira cantábrica vemos coma os Lirius Asturianos comezan temén furiosos o seu percorrido de longo nista de seguro nova e apaixoante competición anual que iste domingo 7 cun Aberto no Concello de Illas a partires das 11 h. ten o seu grande previo cun torneo de quencemento para pechar os flecos doutra gran revolución en marcha , a dos irmáns do Conceyu Nacional de Liriu!!