O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 30, 2010

ISTE XOVES ÁS 12 H. TES UNHA CITA COA PODEROSA TRIBO BILLEIRA EN VEIGA-LARAXE , TERRA DE BEZOUCOS!!


Xa o viñamos anuciando e hoxe destapamos iste extremecedor documento que nos mostra en exclusica mundial á nova tribo da LNB formada por indíxenas das terras de Bezoucos, sumérxete no espectacular crónico do seu primeiro ansaio con pólvora billardeira que iste xoves terá continuación e ó que estades convidad@s>> 12.30 h na pista de fútbol do areal da Madalena tivo lugar o 1º Aberto de billa bezouqueira, dentro do programa de aprendizaxe e posta en marcha dos preparativos de cara ó 1º Aberto da Proia previsto para o 16 de maio. Esta sorpresa acompañou a celebración do Día da Árbore e mais acadou un interese e unha participación sen precedentes, participaron nenos, maiores e adultos. Case medio cento de persoas asistiron con expectación, mesmo algúns colleron o palán e lanzaron a “billa” por primeira vez. Ademais, serviulle a toda a xente participante para iniciarse no xogo e mais para que os maiores lembraran e nos aprenderan os nomes e mesmo variantes inéditas do xogo na Terra de Bezoucos que iremos explicando. O vencedor deste primeiro Aberto Bezouqueiro foi Mirixo, que merecida e esforzadamente superou aos seus compañeiros nun campo de xogo con herba e terra que dificultaron aínda máis a chegada ao varal.


[ Aquí temos ó Comandante X.M Sardiña impartindo sabedoría entre a tribo billeira que se prepara para iste xoves desafiar as procesións e voltar a realizar un novo ensaio nuclear cara ó tan agardado I Aberto da Proia , apunta o contacto para unirte ó indomábel exercito de billas salvaxes das terras de Bezoucos ( Pontedeume) : xms@hotmail.com / 636-280513: ]

A próxima cita preparatoria do Aberto da Proia é iste xoves primeiro de abril, na Veiga-Laraxe, a partir das 12 horas. E se o tempo nos acompaña tamén xantaremos baixo a sombra dos ameneiros. Animádevos e achegádevos a Veiga-Laraxe unirvos á tribo billeira da LNB!!

1 Comments:

  • At 9:55 PM, Blogger malvarezferna said…

    Unha pena pero este xoves vou ao intermodal de bolos! a ver se se fai na USC e poido participar!

     

Postar um comentário

<< Home