O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 17, 2010

ISTE SÁBADO E SEMPRE: A LNB RESISTINDO COS COMPAÑEIROS SECTOR NAVAL!!


A LNB pon a funda e bótase á rúa iste sábado en Vigo para apoiar á acampada de parados do naval cun poderoso Aberto de Billarda na praza da estrela inmerso na xornada de festa e loita en solidaridade con istes traballadores mobilizados , atentos ás pantallas porque xa se osma un multitudiario torneo en Vigo con xantar de irmandade , proxeccións e malabares no que as pinchas metaleiras do Sul porán a mecha diste tremendo coctel molotov. E se quedas aínda con gañas , o domingo 21 no parque de belvís ( compostela ) espectacular Aberto da Primavera puntuábel para a clasificación da Conf. Centro.

VARALEA DE XEITO ACTIVO NO ESPAZO DE COMENTARIOS-CEIVES!!

Atención porque foron moitos os que pediron que O Varal abrira espazo-ceive para comentarios sen o suplicio das contas nen os códigos de seguridade , polo que xa podedes deixar que a verba flúa antes que os pensamentos polo que convidados a todos os blogues da arañeira LNB que faigan igual que o web ofical do Sur para que os comentarios arrinquen con naturalidade e sen ataduras para que cada estalo medre de xeito brutal coas aportación de tod@s. Ademais temos que salientar a salvaxada de entradas que periodicamente rexistran os nosos web superando xa moitos dos portais clásicos polo que ademáis se queres anunciar calquera festa, concerto, acto de calquer tipo utiliza directamete a ferramenta do cometario que vas ter un feixe de ollos famentos enriba. Comentarios que tamén son espazos válidos para a condea de actos coma o episodio de crueldade que ista find tivo que pasar nun "Cuartel" Compostelán o palanador Raul A.C dos Ribadeo Houligans polo único feito de amosar con feitos que non lle gosta ler El Correo Gallego, tempouco podemos esquecernos da brutal agresión sufrida por un compañeiro machetador asturiano da selección dise país e dos Quirinal Liriu Espor que foi agredido nun bar ó carón do gran teatro dos soños de Piarnu cando comentaba cuns cazadores o estalo aparecido en LNE sobre o Abiertu de Liriu desputado en Illas. Comunicamos que o machetador evoluciona favorabélmente pese a algunha secuela nos fuciños , o seu equipo Qurinal Liriu Espor fixo chegar unha nota de condea a istes lamentábeis feitos apoiando totalmente calquera acción que emprenda o seu xogador.