O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 23, 2010

GZ-CONTRAINFO , ESTALOS SOLIDARIOS E BILLARDEIROS DENDE O CUARTEL XERAL DA RESISTENCIA DO NAVAL!!


E como xa apuntaban os irmáns de Gz-contrainfo depois de agasallarnos cun espectacular album de estalos fotográficos da xornada de solidaridade cos parados do naval , agora despregan en toda a súa intensidade iste fenomenal video-estalo de solidaridade proletaria que mistura , lume , metal e pinchas invadindo o cuartel xeral da resistencia da tribo infranqueábel do naval.

A GENTALHA DO PICHEL , SERÁ A PRIMEIRA EQUIPA EN COMERCIALIZAR O SEU ESPECTACULAR MERCHANDISING LNB!!



E como isto non hai quen o para , os irmáns da Gentalha celebran dende o seu referencial web o triunfo dun dos seus palanadores no anterior asalto ó celebrado iste domindo en Belbís. Xosé Miguel celebrou con lacón copa e farias unha sensacional victoria que o pon na pomada da Conf. Central e xa medita en cal das dúas conferencias sur ou centro concentrarse con máis intensidade para conseguir o pasaporte do 12 para Conxo. E moi atentos ó web da Gentalha do Pichel porque van ser a primeira franquicia que desenrole merchandising da súa franquicia LNB como xeito de autoxestión, polo que preparádesvos para adquirir e lucir en tódos os recunchos do país sudadeiras e camisolas dista referencial franquicia LNB, en breve tod@s seremos e vestiremos da gentalha!!

BELVIS , ESTORNELAS DANZANDO Ó SON DO "CELULAR-LNB SOUND SYSTEM"

Se a gentalha celebrou unha merecida victoria, a referencial franquicia con sede en Conxo " Xogos Tradicionis" coordiandora dos xogos de primavera marco espectacular donde se celebrou iste Aberto puntuábel na conf. central , puxeron ademáis dun nespectacular tsunami billardeiro na pista un arrolador sistema de música afastados dos máis clásicos dj que utilizan pratos ou sistemas de comprensión varios. Cun micro amplificado e sen aparelo de música acoplado o palanador misterioso de Xogos Tradicionais exerceu unha dóbel función de speaker e dj botánse á festa ás costas e ó berro de : Nen Feijoó nen Bugallo van vir xogar á billarda convidaba a todo ser vivinte que pasaba polo aparque a unirse á festa , unha fersta condimentaba coa música emanada do seu propio móbil sintonizado nunha emisora de radio a todo volume. Un auténtico luxo para toada a LNB contar con redentores diste calibre , o único que cremos necesario é desexar que o exemplo cunda en tódalas pistas para que a música e a festa se espalle sempre sempre xunto coa gran serpe multicor da LNB.