O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 08, 2010

A CONFERENCIA CENTRO MARCA TERRITORIO NO ALL STARS FACÉNDOSE CON TÓDOLOS TÍTULOS!!


O BILLARDA ALL STARS DO PINO SENTA AS BASES DA "REVOLUCIÓN CONTÍNUA":


Só coa clarividencia da Comisión Deportiva Nacional se pode sacar adiante toda ista inmensa e marabillosa loucura chamada LNB, mentras Rubén , Daniel, Eric e Xosé Miguel tecían estratexias de presente e futuro comezaba a voráxine de presención e reunións no Set de Abertos da LNB:

-ABERTO DE PRIMAVERA [BELVÍS-COMPOSTELA]

O set de presentacións de Abertos no All Stars estreouse co cataz xa rulando do I Aberto de Primavera , imerso nunha espectacular xornada que se celebrará no parque de Belvís ( Compostela) iste vindeiro 21 de marzo, en sesión de mañán haberá bolos, chave, tirafondas e incluso tiro con arco para desenvocar no serán cun florecido e primaveral Aberto de Billarda organizado polo irmáns de Xogos Tradicionais.

-A GENTALHA DO PICHEL APRESENTA NO SET DA LNB O DESEÑO DE CAMISETAS E SUDADEIRAS DA EQUIPA DE BILHARDA

Marcos representante da equipa da Gentalha do Pichel aínda recendía a sons africáns despois da celebración facía unhas poucas horas antes no referencial local compostelan da noite Angolana, un feito que mentras os palanadores da Gentalha desputaban a cachucha da porca na pista do marquiño fixo saír a reluxir os estalos dise tan desexado Aberto da Lusofonía que xa comeza resoar por tódolos currunchos do país e dos continentes implicados. Ademaís a Gentalha é un dos lugares estratéxicos para a LNB no circuto de Palestras que iste mesmo venres arrinca na Faisca de Vigo previo ó gran Aberto de Salceda na conf. sur.

-ABERTO DA ANHA URBANA [PONTE-VEDRA]

Os irmáns de Projecto Trepia xunto con Moisés, representante de LNB na cidade de ponte-vedra, ultiman a posibilidade da celebración do 1º Aberto na cidade do lerez enmarcado nunha xeira de actividades que se baixo o nome de Anha Urbana os Projecto Trepia en formato de asociación cultural expansiva realizarán en plena zona vella da cidade.

-LNB-CIRCUITO de ABERTOS UNIVERSITARIOS

Se desfrutache coa inmsersión da Billarda nos xogos galaico-dourienses que achegou ista nosa disciplina á comunidade universitaria, agárrate porque Xogos Tradicionais con Xan Rodiño e Mario á cabeza plantexan planifican a espectacular posibilidade da irrución dun circuito de Abertos internos de Billarda para a comunidade universitaria en tódolos campus galegos.

-ABERTO DO FESTIFOLK_10 >> San Xoan de Piñeiro (Mugardos)

Serxio estivera a noite do sábado na Capitol de Compostela vendo a presentación de Ruxe Ruxe , voltou desafiando a dictadura das raias continuas a San Xoan de Piñeiro e pola mañan cedo voltou raudo e veloz nun carro prestado para coñecer insitu a revolución LNB que quere tranortar ó festival que o 19 de Xuño rachará fará tremer MUGARDOS E COMARKA. Adiantamos xa cartaz: Ruxe Ruxe , ultraqäns , 3 trebóns... todos eles da República Billarda, iremos informado pero vai marcando a data e preparando os paláns para a loita e dança.


-ABERTO DA REPÚBLICA GALEGA 27-6-1931 [ ORDES ]

Os irmáns de Foucelhas ó igual que o comandante Randeeira non puideron asistir ó All Stars por mor ddo necesario aletargamento polo terríbel acoso das forzas de okupación , sen embargo comunicáronos por medio dunha delegación do Movemento Indíxena do Pino que se traballa a reo para realizar o tan desexado Aberto da Repúbilca Galega 27-6-1931 nos actos que os Foucelhas praparan para o 27 de xuño na vila de Ordes.

-ABERTO DA PROIA
[ CABANAS ]

Dende as Terra de Bezoucos chegou Xosé Manuel Sardiña xunto ca súa compañeira para unirse á revolución LNB e tratarde espallar o andacio billardeiro polas terras do Eume. Atención cocíñase xa O ABERTO DA PROIA con datas posibles a mediados de Maio, un doce e poderoso estalo no circuito dos posibles Abertos da letras, atentos á xogada porque unha espectacular Proia chama á porta e con isas cousas xa xabedes que non se xoga.


Varados e Habilidades , un minuto de loucura que converteu a un imparábel Toño dos Furabolos coma posuidor das uñas da Porca arrebatándollas a un Xosé Miguel que desfondou nas series finais despois de nas clasificatorias rendir coma un ser doutra galaxia: a de San Xoan de Río!!

Concurso de Mates: Santi de Asemblea Aberta, utilizou toda a artilleiría instumental de bonecos e sabas para deixarlle claro co seu mate a ise ser chamado Rosa Díez que nos sentimos orgullosos de sermos galegos e que de voltar a pisar chan galego terá que aterse ás consecuencias. Unha delas será verse fronte a fronte con Toño e Xosé Antón ambos formando un temido tandem que baixo o nome de Furablos Systema venceron nunha espectacular final de mates ó combinado de esencia luguesa Mata-ohs!! formado por Sak e Xemán que debutaban nista explosiva disciplina colandose nunha final que agardamos desfrutar na súa intensidade brutal coas imaxes de TELE-VARAL-


A LNB CELEBROU A SÚA PRIMEIRA MESA NACIONAL, DESTACAMOS:

CLASIFICAN PARA OS PLAY OFF NACIONAIS:

- EQUIPOS: os 2 primeiros equipos por conferencia

- INDIVIDUAL: os 12 primeiros clasificados por conferencia ( posibilidade de repesca para os dous primeiros clasificados en caso que se constitùa a Conferencia-OUrense e se celebren mínimo 2 abertos antes do Play Off nacional)

- VARADOS: os 5 primeiros clasificados en Varados por conferencia

-FINAL FEMININA: as 5 primeiras clasificadas por conferencia

[O CAMPO DE FUTBOL DE CONXO DIVIDIRASE EN CATRO PISTAS LNB CON POSIBILIDADE DE DESPUTA DE 4 PARTIDOS SIMULTANEOS SEGUNDO AS NECESIDADES]

-AUTOXESTIÓN: ADEMÁIS A MESA NACIONAL CHAMA Ó ESPALLAMENTO DA QUINIBILLARDA EN TÓDALAS CONFERENCIAS COMA UN XEITO DE AUTOXESTIÓN E UNHA DAS BASES PRINCIPAIS PARA O AUTOFINANCIAMENTO DA EDICIÓN DO TAN DESEXADO DISCO DA REPÚBLICA BILLARDA.


Caníbais e vexetas, convivindo en paz e harmonía antes de enfrontarse a morte na Pista de xogo do Marquiño.


Xogos Tradicionais foron dos primeiros palanadores en chegar á Pista do Marquiño , notouse a súa rápida aclimatación e non sufriron en absoluto a variación de altitude entre Conxo e O Pino.

Arzúa celebraba moi preto a festa do Queixo varios palanadores fixeron noite aló e desfixeron mañá no Pino, pero xunto cos queixeiros chegaron tamén no serán a poderosa sección bilharda da equipa da cidade compostelá, a tribo da Gentalha do Pichel chegou ó PIno e nen frío nen ostias, unha de licor café e leña coma o resto dos palanadores e palanadores xa quentes despois do espectacular xantar no Restaurente Cruceiro.

Cos Rodiño pensativos diante dunha cisterna dun camión de leite , a inmersión da billarda no ámbito universitario que eles dirixen pode incluso espallarse cara ós carreiros dunha hipotética xeira billardeira no camiño de santiago sempre e cando un patrocinador se animara a botarse ó monte xunto cos embravecidos palanadores para dende un punto a determinar arrearlle xostregazos a unha billarda coa que chegar e turrar a xunto do apostolo.


Aberto cunha desafiante friaxe tropical que en nigún intre puido derrotar a un enxamio de palanadores e palanadoras que poboaron a pista do Marquiño do Pino para desputar a tan desexada cachuca da Porca do All Stars.


E os tres elexidos pola gloria , tres aborixes da Conferencia Centro que deixaron claro o poder emerxente da xeración estornela que amiaza con iste derrame de talento estrear campión nacionais na pista de terra de Conxo , un lugar e un Play Off Nacional no que de novo se recordarán as medidas regulamentarias tanto de paláns e billardas para evitar as diferentes sinerxias das reclamación e impugnacións a pé de pista.


E despois ante dunhas carreiras de infarto a gran estrela de Xogos Tradicionais , Xan Rodiño máis o palanador local dos Trouleiros Basilio tiverosn que baterse só eles ante o perido para desfacer nunha necesaria segunda carreira quén sería o vencedor. Non sabemos que nos depararán as imaxes de TELE-VARAL sobre o inaudito golpexo no poste do varal da billarda lanzada por Xan Rodiño , golpe que sitiou a un implacábel Basilio coa cachucha nas mans collendo o relevo coma campión do partido das estrelas do mítico Ginés do Cornería Team.

Unha Cachuca da que Basilio non se separou nen un instante despois de vencer na pista de xogo e ó igual que os Rabos e Uñas de porca foron doados polo magnífico RESTAURANTE O CRUCEIRO.


Doación por todo o alto xa que o RESTAURANTE O CRUCEIRO tamén doou o espectacular Reloxo de Hora Galega , reclamo dunha primeira QUINIBILLARDA con variantes de ámbito nacional e que deu un paso ó fronte para ser un dos alicientes principais do xeito de autoxestión da LNB, boletos nos que @ apostante aposta única e exclusivamente a cabalo gañador, pero pode apostar cantos nomes desexe sendo cada aposta cun custe dun euro. Basiñlio confiaba cegamente nas súas opcións e foi o único que apostou por el polo que foi tamén quen se fixo co Reloxo de Hora Galega da primeira Quinibillarda nacional.

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home