O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 18, 2010

COLLE CORDA E PALÁN E DESFRUTA DUNHA PONTE BILLARDEIRA E DIFERENTE!!


Se queres sorprender de verdade ó teu pai no canto de gabatas agasállao cun adival ou corda para que poida guindarse con xeito nista ponte de loucura que comeza iste venres con santo por exemplo dise anxo exterminador chamado , Jose "moon walker" Viana, felicidades a todos os que teñan algo que celebrar nise día e comezamos:

SABADO EN VIGO: CONTRA A SOBERVIA DO CAPITAL, ABERTO DO NAVAL!!


A Billarda segue expandindo o seu compromiso nacional e proletario. Desta volta o Faisca organiza este Sabado dia 20 un Aberto solidario con o Colectivo de desempregados do Naval acampados en Vigo diante do edificio da Xunta desde o pasado 28 de Febreiro.

18 H. Diante do edificio da Xunta, no náutico,
[ao carom da Praça da Estrela] VIGO
contacto directo>>692.613790

Contra a soberbia do Capital, a Forza do Varal!

DOMINGO:
ABERTO DA PRIMAVERA, PARQUE DE BELVÍS [COMPOSTELA]



ABERTO DA PRIMAVERA, DENDE AS 16 H NO PARQUE DE BELVÍS [COMPOSTELA]

En colaboración cos irmáns da Asociación de xogos tradicionais de Compostela a LNB pon en marcha no serán un novo aberto puntuábel para a Conf. Centro , en sesión de mañá, haberá espectacular abano de posibilidades para mergullarse nas augas do desporto tradicional con disciplinas coma a Chave, salto á comba, Bolos celtas, e incluso tiro con arco , atención porque haberá competición para cativos polo que os nen@s terán un espazo tamén nista poderosa xornada ademáis en belvís estarase preparando tamén o engranaxe do circuito de Abertos LNB na Universidade polo que se tes interse en saber como van as cousas tes unha cita en Belvís porque a Billarda coma a primavera ós universitari@s coma a calquera tamén altera>> info directa: 659.553543