O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 01, 2010

A CACHUCHA DA PORCA DO ALL STARS XA AGARDA POR VÓS !!


Por se non tiñas clara a magnitude da traxedia , iste pasado domingo no programa irmán Radio Oceánica xa se puido intuír o alucinate entramado sonoro que se está tecendo ó redor disa obra maxistral chamada República Billarda. Dedos cortados por afiar unha billa , dende o seu exilio en Cuenca, Montouto Sound Machine, tamén coñecido coma o Garañón do Dab Galego, invadíu o ar galego coa súa espectacular peza de apoio á revolución LNB no seu estreo mundial . Sak conducíu un programa absolutamente referencial e que merece ser enmarcado , ademáis iste locutor e palanador lugués despois de formar parte da Franquicia Ceive no Aberto de Meira poderemos velo no All Stars do Pino loitando no medio dunha multitude infernal de palanadores orgullosos@s pola cachucha da porca e de seguro que vai ser alí donde anuncie a súa espectacular fichaxe polos Filloas de Sangue para afontar o duro reto de clasificar á ista histórica franquicia da Conf.NorOeste por segunda vez a unha final nacional por equipos. Atención palanadores e palanadoras porque unha cachucha chamada Rosa-Di agarda por vós, ide afiando pois as billardas ( no senso máis peiorativo da palabra claro) ....