O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 21, 2010

AMADOR E VIANA , A IRRUPCIÓN ISTA FIND DOS BATMAN E ROBIN DA BILLARDA!!


Amador de Xogos Tradicionais e Viana da Faisca protagonistas absolutos niste metálico find billardeiro. Se Viana o sábado na praza da estrela de vigo vencía e convencía no Aberto do Naval adicando o seu triunfo ó proletariado galego , o grande palnador da franquicia de Xogos Tradicionais, Amador, vencía no xa mítico campo de Belvís compostelán no Aberto da Primavera puntuábel para a Conf. Centro que bota lume na busqueda de prazas para o play off nacional. Amador confirma o seu espectacular estado de forma despois de participar na final do All Stars e posiciona tanto a el coma á súa franquicia na pomada para as prazas de Conxo.


CHEGA FOTO-VARAL2:


Chuvia en Vigo e Sol en Compostela, katiuscas e pés descalzos sobre a mesma terra dun país minado de pinchas e estornelas, e para deixar pegada despois do colapso por cantidade e calidade no Foto-Varal. xa tendes á vosa disposición o FOTO-VARAL2 para seguir refregando os ollos ante a brutalidade a proposta incluíndo xa o deslumbrante Salceda e Aberto do Naval, e non despeguedes os ollos das pantallas porque temos novidades a feixes , incluida a identidade real do señor que en Salceda acadou o premio ó palanador que nunca pasa do medio campo!!