O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 08, 2010

EME E A LNB SELAN A SÚA ALIANZA CUN ESPECTACULAR ABERTO DO LACÓN EN MEIRA!!


Baixo o prisma do indixenismo galaico chega o espectacular FOTO-VARAL da invasión billardeira en Meira, un estreo por todo o alto nunha tarde na que se fixo história.


Da man dos aborixes de Eme de Meira a LNB artellou iste Aberto do Lacón que se convertíu xa en refrencia absoluta de como ten que ser o presente e futuro dunha revolución sen marcha atrás. Compromiso , intuición e vontade de encontro foron as máximas baixo as cales istas dúas entidades construíron un dos mellores Abertos de todos cantos se levan celebrado na Conf. NorLeste.


Un marco incomparábel para un coctel explosivo de pedra , madeira e emoción cuxa combinación fixo que algunhas vidrieiras foran víctimas dos danos colaterais de tanta paixón xunta.


Eme de Meira recibindo os apuntes teóricos da sección deportiva da LNB , mostra absoluta da súa total implicación para establecer unha comuna billardeira na terra cha luguesa con campo base na indomábel Meira.


Nacho de Eme de Meira desenrolando no Aberto do Lacón os seus coñecemenos teórico cara a isa tan desexada inmersión billardeira de Eme de Meira coma franquica estáble da LNB.


-alló? aquí Otero , estou en Meira no Aberto do Lacón en 3 horas estou en Bueu para cear. Impresionate, istas puideron ser as verbas de Otero , palanador da Conf. Sur que se atopaba por motivos familiares na Pontenova e que ó conectar a súa BlackBerry co Varal víu que a serpe multicor da LNB chegaba a Meira e non dubidou en pasar meterse na loita polo Lacón. Otero coma Xosé Miguel militante tamen no Sur e na Conf. Centro son a imaxe disa continua interconexión entre conferencias que vai ter a súa máxima expresión o vindeiro 7 de marzo no Billarda All Stars do Pino. E para iste 13-F , Otero e toda a tribo do Sur xa teñen sinalado o explosivo II Aberto do Entrudo en Ponteareas


Pero a LNB non quixo deixar de lado nen por un segundo ós históricos palanadores de Meira que levaban décadas aparcando o seu vicio por mor dun esquecemento por imperativo social, a LNB con Salgueiro ó fronte , o noso máis carismático eco-palandor chegado de Burela non dubidou un intre en misturarse coa tribu de xoves experimentados do palán para realizar ise intercambio de coñecementos entre o deportista de alto nivel que é Salgueiro e a sabedoría inmensa dos experimentados palandores aborixes de Meira. Un luxo para toda a LNB poder compartir experiencias con todo iste inmenso arsenal de sabiduría.


Pero non só con billardas tremeu Meira, ó equipo de son dos irmán de Eme de Meira sumouse o espectacular son cadrofónico do Madia-Leva Sound System , Xenreira, Dios Ke te Crew, Grupo Oh ...foron só algunha dos traiazos que se soltaron polo mesmo altofalante que o speaker oficial Xosinho retransmitíu a intensa final depois que Toho e o comando Madia arranxaran os problemas técnicos antes da final a catro.


Franco, Ginés , Daniel e Chiclenho , cun espectacular dispositivo policial ás costas coma xa é norma en cada incursión da LNB non logrou provocar en ningún intre a ningún dos palanadores e palanadoras que desfrutaron dunha tarde de billarda e sol coma poucas, non podemos deixar de apuntar , o tamén sospeitoso control de vehículos ó final do Aberto que a policía tiña montado pouco despois da saída de Meira cara Bretoña, nun sitio donde naide recorda ver nada semellane.


Pero a grsn sensación do torneo sen lugar a dúbidas leva o nome de Chiclenho, iste palanador brasileiro da Franquicia Ceive da que tamén participaban os palanadores sen acabicornar coma Sak ou Otero da Conf. Sur situose nunha final contra tres estrelas absolutas da LNB e xogou as súas bazas póndollo moi dificil ó gran campión Daniel.

Daniel dos Billardeiros fai a súa segunda diana consecutiva despois de vencer no Aberto do Polbo en Xove e enfrontase no vindeiro aberto da Norleste en Mondoñedo ó tan desexado Hat Trick billardeiro que nen o gran Ginés dos Bulls foi de conseguir cando o tivo a tiro de pichón.


E por se non fora pouca intensidade ate tivemos acertante da Quinibillarda, Manuel dos Outros fíxose co 50% da recadación máis acumulado da xornada anterior . Atentos ás pantallas porque Tele-Varal foi testigo de excepción en Meira e atención porque nen a chuvia nen o vento que reinou na Pontraga nos vai privar de asistir ás imaxes dun Aberto do lacón na Conf. Centro que podemos de intitular coma palaneando baixo a chuvia.....Adiante!!