REYES VENCE NO "I ABERTO DO AGRO" E LEVA DE COMPOSTELA A RIBADEO O GRAN MANOXO DE NABIZAS!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh7tYxlsDzEN9MID8xSMxhrcDPhRcoGDIIJYnUQ3EUamHf5rCiwnOoKweTcL9N2cjbFgkvMEA9McaFrOOLExAMh3VUaXFSeYnj4NZKM7cBCIdbatxiEGlrOaIt6uuuEvBLDy20J/s400/reyes1.jpg)
Billardeando baixo a auga podería ser o subtítulo diste espectacular Aberto celebrado na Alameda Compostelá no marco das actividades organizadas polo irmáns de Adiante : A mocidade galega na defensa do agro!![escoita akí a Brais en radiofusión]
Despois de desputar a histórica final baixo a chuvia tamén en Foz no Aberto dos Chicharros Lañados , despois de meterse an clasificación de varados , Reyes palanadora da Conf. Noleste , confirmou a súa meteórica e poderosa progresión billardeira vencendo nun Aberto Nacional como era iste do Agro. TELE-VARAL apresenta o últomo asalto do Norleste donde Reyes non puido facerso co polbo da pedra pero quentou motores para facerse co manoxo de nabizas...moita atención tamén ó poderío comunicador de Xosinho , coñecido xa popularmente coma o folhoneiro da LNB!!
FOTO GALERÍA: I ABERTO DO AGRO!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgP_r35VvW2QE2bx2_LgujI_e1Ib8M_0aOeZphg7E2NV60abqarb-wddLcY8NQg3n7mtuk-6kC62gshu8gDczuGEihKRQB8BmivxQH6Ab37QK_ihTbq9OnWOVamZgD0gXodvEMw/s400/agro.jpeg)
Fotos de urxencia enviadas por Toño dos furabolos que non podía crer a intensidade brutal dos palanadores e palanadoras que desputaban a cara de can un manoxo de nabizas a ceo aberto ante a brutalidade da chuvia.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgxjbVt4Svl4x7c7RBI12ppOmRkuxd9aPhpzTs2QbGaWJyIe6teG8Dh_m-xFgk0UpjlTkTQgv5JyvcklRFA7ufWkW4fPC0_EJAOJVYbdeawNCiBmogqE-67USG-XC3dB4LWhjTU/s400/agro2.jpeg)
Ademáis o triunfo de Reyes acada unha dimensión brutal cando entre a nómina de competidores aparecen nomes coma o de Xan Rodiño, unha das grandes estrelas nacionais do noso deporte, Xosé Miguel da Faisca ou Daniel capitaneando unha expedición de absolutas estrelas dende o norleste.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi1m2J0Fm2w1pwEbWxFpU0tBdpQDybLzRUEhlTODhUOYQ0QJ5A8D_2wMJMm7VUmVHwjfVwbqX-28XAU9jLuKcodINLsLj6gHf3NMDP117kcJECPxR4h1JaIBPdrr5SiEmkZqF78/s400/agro1.jpeg)
Adiante pois .....ide preparando paláns e billardas porque isto non para!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home