O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 17, 2010

RESUMO DA XORNADA: COLLE AIRE E RESPIRA!!

Respiras? entón eres acpt@ para unirte a ista revolución imparábel da LNB, foi iste un find. dos que deixan pagada e Radio-Varal dá fé delo coa incursión de novo no cerco radiofónico da Tarde da Radio Galega, os catro frontes de conferencia abertos nos que case se nos corta o alento con tanta intensidade xa que foron os varios os palanadores e palanadoras que necesitaron o boca a boca para oxinenarse ante a magnitude do que está cocendo, vai o resumo de urxencia:

- Aberto de Bueu , Conf. Sur : Estreo o sábado por todo o alto nista vila do Morrazo que recibíu desexosa de paus ós máis de 80 palanadores e palanadores que desafiaron o mal tempo no pavillón municipal, final entre Xosé Miguel e Xosé Otero coa victoria final para o Otero dos poderosos Pincharango .

-Aberto de Sada, Conf. NorOeste: xornada matutina no domingo con expreso de chocolate a pé de pista para entrar en calor baixo as euralitas do pavillón municipal ,consolídade a proposta nista conferencia histórica que xa vai collendo ritmo e regularidade pese as dificultades de espazo nunha cidade coma A Coruña. Final de infarto entre Anxo e Roi e victoria final para o palanador local Anxo que non quixo defraudar á súa parroquia aínda que tivo que esforzarse ó máximo para desfacerso do palanador dos filloas de sangue.

-Aberto do Polbo, Xove Conf. NorLeste
: instalacións impresionates na que se desputou iste Aberto na conf. mater, os palanadores lociais do Club de Bolos Xove defraudaron á súa parroquia ó non meterse nengún nunha final a tres que desputaron Eric, Daniel e Xermán, ó final o polbo vai para a cazola de Daniel , o Billardeiro Musical xa tiña fame despois de dúas finais en seco nista terceira non deu tregua e será el quen mace o espectacular polbo. Destacábel a solidaride reinante entre os palanadores xa que o comando lugués dos Madia-Leva chegou a Xove nun coche prestado por un palanador que se víu indisposto despois dunha longa noite de festa.

-Aberto da Cachucha, O Pino , Conf. Centro: un dos grandes referentes do noso deporte nista nova década leva o o nome de Xan Rodiño, campión do Aberto da Auténtica e militante xa a tempo parcial na conf. sur ten na conf. centro o seu lugar natural, todas eran conxeturas nun Aberto a cuberto donde Xan e varias das estrelas da estornela non poideron desenrolar o seu xogo en plenitude, triunfo final do Trouleiro Rubén que fai que os poderosos Furabolos non durman tranquilos ate o próximo asalto se queren continuar liderando a clasificación de equipas nista conferencia que iste venres 22 acolle no seu seo o I Aberto do Agro , a polo manoxo de nabizas!! na Alameda Compostelá a partires das 16:30 h. Adiante!!