O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 28, 2010

COMEZA A CONTA ATRÁS >> BILLARDA ESCRÍBESE CON M DE MEIRA!!



Combulsión absoluta en toda a LNB , se fai unhas semanas a revolución billardeira penetraba nas terras virxes de Bueu consolidando a súa proposta por todo o alto no Morrazo iste vindeiro domingo 7-F a tribo da Conf. NorLeste dá un paso máis ó fronte e invade por primeira vez a tan desexaba xungla de Meira . Da man dos irmáns e aborixes da asociación cultural M DE MEIRA as billardas racharán o ar da chaira luguesa asubiándo tan forte e poderoso coma o carro do poema de Manuel María na voz de Fuxan os Ventos . Moita atención porque hai fame de billarda na chaira e xa nos chegan novas que pode ser un dos Abertos con maior poderío xa que a Praza do Convento vai ser un espectacular mar billardeiro donde van conluír os afluentes billardeiros da chaira, o poderoso río lugués dirixido polo comando MADIA-LEVA e un inmenso rego de palanadores e palanadoras chegados dende o carazón fervendo da Mariña de Lugo , todos eles loitando por un Lacón e pola consolidación brutal dunha proposta , a billardeira, que non se detén ante naide nen ante nada..... se nos oitenta uns pijos afirmaban que Madrid de ecribía con V de Vigo, no século 21 a tribo-LNB aposta firmemente pola contra-movida: isa que afirma que Billarda escríbese con M de Meira!!