O MATRAQUINHO E A OFICIALIDADE DA SELECCIÓN ABREN EN LUGO UN NOVO E ABAFANTE FIND BILLARDEIRO!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgq8NH19efP1T0254BUnqiuu1yq4ym1FlHDidc87gWQrzSsZ5-YUSfBRxznbdUiQSoL2F4VrYs7cNZ6mRFY87rRCe5l4kAgHWPa_a42KLVyOeye8bQr13TJ48T7TpCJYCu5DLmF/s400/cartazmatraco.jpg)
Pero como diciamos , antes da dóbel enganchada diste domingo 13 temos que voltar insistir no espectacular tremendo matraquinho-cientrográfico-futboleiro e musical estalo que teñen preparado os irmáns de Madia-Leva no seu local socila na cidade de Lugo, toma nota e bótate:
Este vindeiro 12 de Dezembro do 2009 Siareir@s Galeg@s da comarca de Lugo coa colaboraçom das BAF Lugo e o nosso centro social organizamos umhas jornadas pola oficialidade da selecçons galegas.
Continua:
Estes actos começarám no nosso C.S. às 16h:00 coa projecçom do documentário 1996-2006 10 anos luitando pola selecçom galega.
Às 17h:00 fará-se um torneio de matraquilhos no qual por 5 euros por pessoa gostaremos de cerveja de balde para os participantes.
O remate deste torneio haverá una concentraçom organizada por Siareir@s Galeg@s enfrente a Subdelegaçom de lugo coa legenda ”Selecçom Nacional direito popular”
Deseguido já outra vez no CS seguirémo-la festa co concerto acústico do cantor punk Bitxo Bola. Também teremos um bo repertório de música galega e petiscos a esgalha.
Cumpre anotar-se no local para o campionato de matraquilho antes das 19h da 5ª Feira(xoves)
E atención porque en Lugo hai un espectacular Ruxe-ruxe que fala da primeira competición regular de billarda no ámbito universitario que emularía a isa NCCA de basket antesala de grandes estrelas coma Pat Eween , Larry Bird ou Michael Jordan que trinfaron na liga profesional , o que sería o equivalente á LNB en baloncesto. Espectacular ademáis o link situado no web oficial da Conf. Sur dun moi clarificador artigo aparecido en El País no que o compañeiro Paco Veiga fala , e fala moi ben , do que a día de hoxe se considera unanimente o deporte nacional galego e o da súa relación cos medios en xeral e especificamente coa televisión , aproveitamos ademaís para advertir ós inutiles responsábeis da Galega que o que non quere taza terá taza e media xa que a LNB acaba de iniciar de conversas cun dos mellores e máis arriscados directores de cine do país para a posíbel producción do ducumental República Billarda ..... nen un paso atrás nen para coller impulso!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home