O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 09, 2009

O APALPADOR , O REFERENTE ABSOLUTO NO EXPLOSIVO NATAL RADIOACTIVO DA LNB!!


Atención porque queiramos ou non o Natal vénsenos inevitábelemte enriba polo que toda a LNB xunto co Apalpador preparámonos intensamente para nistas datas ofrecer unha alternativa positiva e real a toda a podredume consumista que tinxe a escuma distes días.


E sen tregua nengúnha comezamos xa ista find, toma nota porque se iste sábado andas pola cidade de Lugo tes que botarte coma un can famento á corada na xornada que iste 12-D os irmáns de Madia-Leva organizan no seu local xunto con Siareir@s Galeg@s para apresentar as xornadas do 26-D en Compostela de apoio á oficialididade das seleccións galegas, ademáis terán un explosivo campionato de Matraquinho no que poiderás aliviar as tensións surxidas do xugo estructural actual que impide que a selección galega de futbol poida estar coa irmá selección de Corea do Norte competindo no mundial de sudáfrica iste vindeiro verán. Mentras a irmá saharaui Aminatu Haitar continúa no aeroporto de Lanzarote co seu shexum voluntario para que o estado marroquí lle pida perdón , iste domingo no Pavillón de San Miguel de Reinante ( Barreiros) será cun espectacular Botelo da Fonsagrada plagado de ósos cos que a LNB esixa respeito ós estados implicados para a libertade de decisión do pobo saharaui


E mentras na Conf. Sur ultiman preparativos para o seu último asalto regular do ano no que aparecerá tamén o Apalpador , a xente da Conf. Centro xa ten marcado na Pontragha o seu 4º asalto regular para iste domingo 13-D e moita atención porque para o 26-D a LNB xa ten confirmada tamén a súa presenza en Compostela na xornada de loita orgnizada por Siareir@s Galeg@s para a oficialidade de tódalas seleccións galegas que se abrirá co explosivo II Aberto da Auténtica no campo de futbol de Belbís donde a partir das 12 h se loitará pola poderosa Botella de Licor-Café da Auténtica.