O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 23, 2009

NON NOS ROUBARON O PARTIDO, ROUBÁRONNOS O DEREITO!! . ISTE 26-D A LNB EN COMPOSTELA CON SIAREIR@S. [preme]!!


Xa o avisabamos, o espectacular equipo de Tele-Varal estaba quedando sen cellas surfeando na escuma da madrugada diante do computador para ofrecer iste explosivo video-estalo preludio absoluto dunha de seguro histórica xornada de loita na cidade de Compostela: Dereito a decidir dereito a competir , Siareir@s Galeg@s e a LNB de novo unidos e coma únicos referentes posíbeis dunta terra que pide a berros unha selección que a represente. E abrindo a xornada do sábado 26-D desentarrarase a brosa de guerra contra o artigo 27 da lei do deporte na pista de terra do parque de Belbís coa desputa do II Aberto de Billarda da Auténtica, e se maxistral son as impactantes imaxes cos dirixentes diste e do antigo réxime unidos polo seu unánime NO ós dereito democráticos da Galiza, pon o ouviso porque a elección da banda sonora polo gran cociñeiro Rubén Otero é impresionate, Taru e os paxaros coiro dan paso no segundo asalto audiovisual, a uns frenéticos Ulträqäns xusto agora que acaban de selar o seu pasaporte de cidadáns da República Billarda cun impresionate tema titulado Quimbumbia-Billarda co que unen ó povo Cubano e Galego na defensa dunha mesma revolución......a social e billardeira!!