O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, dezembro 27, 2009

A LNB APORTA O SEU PODEROSO GRAN DE AREA NA GRAN VICTORIA DA SELECCIÓN GALEGA Á XUNTA!!


Non se gañou un partido, iste sábado 26-D en Compostela todos cantos acudimos a Belbís para a desputa do II Aberto da Auténtica de Billarda, tod@s cantos invadimos as rúas de Compostela , tod@s cantos acudimos ó estadio de Santa Isabel ver e desfrutar coa selección nacional de futbol e tod@s cantos acudimos ó concerto posterior na Capitol con Mencer Vermello , Machina e Habeas Corpus gañamos o respeto e a credibilidade dun país que ve en siareir@s galeg@s o único referente presente e futuro de todo o entramado deportivo e social dun país en loita e como se demostrou iste sábado lle ferve o sangue nas veas.


A victoria foi nosa dende o minuto cero no que os palanadores e palanadoras da LNB abriron lume no campo de Belbís na desputa do II Aberto da Auténtica nunha xornada de billarda, futbol e loita coordianda de xeito maxistral por siareir@s galeg@s.


Representación de tódalas conferencias da LNB nun Aberto que se consolida coma punta de lanza dunha alianza con siareir@s, dende o Norleste , desafiando o sono chegaron tres carros tirados pola paixón duns palanadores e palanadoras referencia absoluta dunha revolución que amiaza tódolos currunchos. Destacábel a gran enteireza de Eric que pese a sufir un billardazo de punta nas costas rematou todo o partido pese ós tremendos dores, paliados posteriormente co magnífico xantar que compatíu a expedición do NorLeste con ise sherpa de luxo chamado Xosé Antón dos Furabolos.

Pero se o Aberto da Auténtica tivo un nome propio ise foi o de Viana , que quentou boneca e cadeira cos seus maxistrais bailes despois de cada victoria de carreira para afrontar en plenitude as súas tarefas de coordinador no serán de tódolas actos de siareir@s.

E de paso que na Gentalha do Pichel realizaban a espertada do Apalpador , Mario, un dos palanadores pertencentes a isa franquicia con sede no centro social compostelá xa quedou esperto e listo para ser dos primeiros en chegar a Belbís disposto e meterlle o bico á espectacular botella de Licor Café dos Furabolos.


O Sur chegou a Belbís e fíxoo deixándose sentir na pista e nos amplis que pasean de xeito referencial por toda a súa zoa de acción. Ademáis espectacular foi a súa Okupación eléctrica xa que o tribo-Sur saltou as vallas dunha obra para conseguir electricidade para o equipo de son e abríron unha das maletas dun carro de donde saíu a magnífica cantina LNB a pé de pista coa que electrificar os nosos corpos.

Pero para poder realizar unha acción das dimensións do Aberto da Auténtica é necesaria a implicación activa de moitos elementos e non hai mellor pilar para soster un edificio tan consistente coma o da Liga Nacional que contar coa xestión da propia cidade compostelá da franquicia Xogos Tradionais con sede na república de Conxo que foron os encargados de preparar o campo de xogo con marcación incluida e colocación de espectaculares Varales. E ademáis dos coñecidos Mario e Formoso Xogos tradionais afianza a súa inmersión billardeira cun espectacular palanador chamado Luís e unha estrela chegada directamente de deslumbrar nos xogos Galaico-Durienses celebrados no campus sur da universidade Compostela, apuntade o nome: Xan Rodiño.


Todos xuntos e rovoltos afianzamos unha proposta na capital galega que non deixou indiferente a naide que vía loitar con todas as forzas a medio cento de palanadores baixo unha contundente banda sonora que combinado coa galicola e a cervexa acendeu a mecha á acción nun inolvidábel día de loita e festa.


E como anunciabamos antes se o Aberto tivo un nome propio , ise foi o de Viana, o palanador da Faisca desfíxose en Belbís da brutal presióan que soporta cada torneo na Conf. Sur e colocouse na final diste desputadísimo Aberto da Auténtica non dando o brazo a torcer ate o último suspiro no que o palanador de Xogos tradionais Xan Rodiño lle arrebatou o triunfo impedindo así que realizara o súa xa mítica e definitiva danza da victoria , quén ía pensar que ó tan folclórico e apostólico Ballet rey de Viana se lle escara un bailarín distas dimensións pola ala da esquerda independentista?

Xan Rodiño , moito ollo con iste nome e con iste home, redireccionamos ó video-estalo de Tele-Varal xa que nel explica con verbas emocionadas , pausadas e seguras como é o seu xogo como conseguíu vencer niste gran Aberto da Auténtica fronte a un gran finalista coma Viana e sobre todo donde explica a súa orixe real ante a posibilidade que sexa el quen dé o gran paso adiante de coordinar o 1ª Aberto Aberto en Portonovo, un xeito defitivo de trocar momentaneamente os sachos polas billardas para sementar ises territorios que ás veces semellan única e exclusivamente patrimonio do turismo máis depredador.


Rematado o Aberto , botámonos á rúa e desgraciadamente non puidemos facelo todos , Ugío Caamanho que estivera no pasado Aberto da Auténtica na Coruña non puido estar ista vez con nós , intres de converxencia ademáis porque á mani de siareiros chegaron moitos palanadores que pola maná non puideron estar coma o caso de Roi , palanador dos Filloas de Sangue da Conf. NorOeste que se uníu á tribo un pouco antes que outro dos noso palanadores , Rubén Otero nada máis comezar a andar a manifa fora brutalmente obrigado pola policía antidisturbios a deixar unha botella de licor café de vidro coa que os palanadores iamos paliando a nosa brutal sede de victoria.


E acustodiados coma se foramos cans adoecidos por un descomunal número de policía antidisturbios armados ate os dentes con escudos e armas de asalto , chegamos ate o campo de Santa Isabel para perpetrar o gran delito polo que un tal Feijoó, máximo responsábel na Xunta da área deportiva, nos enviaba tan cantidade de polícía presionando continuamente a cada un dos manifestantes para que perderamos a calma e poderen soltar a dose de leña que dende os despachos nos tiñan asignada.


Foi sobre todo o sensacional respeto que toda a manifestación gardou ós coordinadores internos da mani que siareiros situou entre os manifestantes e os corpos de represión o que fixo que todo desembocará unha espectacular entrada e invasión das bancadas. Verbas de Davide de Siareir@s que deu inicio á previa dun partido histórico no que Reixa tamén leu un manifesto do puño e letra de siareir@s que fixo que o lume se acenderá nos nosos corazóns antes de que o balón recibirá a primeira patada.


Primeira patada ou saque de honra que os siareir@s agasallon a dous exiliados, por unha banda o ciclista galego David Blanco que milita no mítico equipo luso Tavira e co que venceu en 2 ocasión a volta a Portugal , e por outro á Liga Nacional de Billarda representantes dise outro tan duro coma descoñecido exilio interior. Patadas a prol do dereito a competir e parafraseando ó lema que o referencial cantautor norteamericano Woody Gothrie levaba pegado na súa guitarra berramos tamén : iste balón, ista afección e ista selección mata feixistas!!