O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 21, 2009

A ESPECTACULAR CHEGADA DO APALPADOR Á LNB RACHA COS ESTEREOTIPOS DO NATAL MÁIS CONVENCIONAL!!


O Apalpador, Billarda e a Galicola os tres pilares básicos nun Natal que racha moldes, Santa Claus e coca cola..... Go Home!!

Hugo dos Billardeiros Musicais levou o galo no mítico Torneo de Natal da LNB na Conf. NorLeste, pero ademáis nista edición contamos coa presenza do gran referente distas festas no país galego. FOTO-VARAL: O APALPADOR NO TORNEO DO GALO (Ribadeo)


Si amig@s.....só a LNB podía ter liña directa co Apalpador que non dubidou un intre en acudir presto á chamada dende o seu lar do Courel para por primeira vez na história facer a súa aparición nas terras da mariña de Lugo.

E como é menester o Apalpador medíu o estado alimenticio dos palanadores e palanadoras da LNB apalpándoles a barriga , castañas bañadas en chocolate e boliños preñados foron os manxares cos que o Apalpador agasallou á orgullosa e indomáble tribo da LNB.

Pero non foi Ribadeo o único sitio donde tivo presenta o Apalpador iste domingo, atentos ás pantallas porque no seu carro tirado por porcoteixos desprazouse isa mesma tarde ate Mos e ate o pista da Pontecarreira. E atención porque os irmáns do Buril de Burela están inmersos na preparación da celebración un ano máis do fin de ano por hora galega, están traballando na edición dun explosivo video-estalo que van proxectas na festa e xa se fala ademáis para o ano da posibilidade de filmar o sangento encontro entre o Apalpador e Santa Claus nunha casa calquera nun punto da xeografía galega.