CALVETE, O GRAN CAPITÁN DA AUTÉNTICA, RECIBE EMOCIONADO O AGASALLO DA COPA CANTÁBRICA!!
Con case tres meses de internamento do gran capitán da Auténtica Calvete , foros varias as delegacións da LNB que periodicamente manteñen contacto con el para transmitirlle forzas e ánimo no seu periodo de recuperación, iste venres ademáis puidemos facerlle entrega no hostipal do agasallo pertencente á desputa da Copa Cantábrica no que os irmáns do CNL xunto coa LNB quixeron sumar forzas para transmitirlle ó noso gran palanador Calvete. Como sabedes foi o padriño de tódalas conferencias LNB e incluso da selección asturiana , ademáis, a súa compañeira Carmen comunícanos que un dos grandes apoios e pilares da súa progresiva e lenta recuperación é o apego marabilloso que ten ó noso deporte e a tod@s cantos compomos a tribo-LNB , acordándose de todos os torneos que lles restan por desputar e interesándose minuto a minuto polo resutado de cada Aberto no que compite a súa franquica Os Bíteres, dende aquí e resoando no país enteiro ... Adiante Calvete , tod@s estamos contigo !!
1 Comments:
At 11:07 AM, frenchchou said…
Desde o sur, transmitídelle todo o ánimo posible a Calvete! Agardamos velo en plena forma para o verán nos play-off de Conxo.
Unha aperta para o mellor!
Postar um comentário
<< Home