O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 28, 2009

ULTRÄQÄNS FANSE REPUBLI-QÄNS , A B.S.O DUNHA BRUTAL REVOLUCIÓN QUE NON CESA!!


Puido ser que o explosivo Castañazo de Maceda acelerara a marcha dos alcaldes de Manzaneda e de San Xoan de Río , tanto en Manzaneda co guitarrista dos Cuchuferros David Rodríguez proclamado novo alcalde , coma en San Xoan de Río, donde o palanador da Faisca e concellal no concello ourensá Xosé Miguel que ratificou a súa victoria na pista enlamada no festival de Maceda coa súa asistencia ó pleno no que o inquilino socialista liscaba por patas, camparten ambos unha moi forte militancia billardeira. Combulsión absoluta na política das terras de Trives que se transpasou tamén á República Billarda , o proxecto sonoro da LNB avanza a pasos axigantados para ser a referencia musical absoluta dun país en marcha na vindeira década que xa peta á porta.

A K7 DA REPÚBLICA BILLARDA ESTOURÁ NOS ALTOFALANTES DA GUAGUA!!


Agora que preparamos as maletas para o dirixirmos a Asturies e Euskal-Herria, nos altofalantes das guaguas van estourar os temas que xa forman parte da catálogo de sons , letras e actitudes ó que atención Ultraqäns xa ratificaron baixo a trebón de Maceda que van aportar o seu estalo , ademáis por parte doble, xa que o seu batería Fran Amil empapouse de tal maneira que incluso vai realizar unha aportación sonoroa a nivel particular. Cos Cuchufellos xa interpretando en directo o seu estalo billardeiro e co compostelán Narf xa con pasaporte da República Billarda, son agora Capitán Furilo que acaban de estrear disco, Projecto Trepia , The Homens que estrearan xunto a outros republicanos Novidades Carminha o seu novo disco na sala nasa en Compostela D.F . Alí no D.F galego Fanny & Alexander e Projecto Mourente tamén ultiman as súas explosivas aportación sonoras que terán en Maghúa , nos Fouciños do Pino e en Mr. Don Jaita as principais aportación do eido folk, atención porque Misiva , o grupo de punk-rock asturiano tamén ten xa o seu culín sonoro de apoio á revolución liriu que iste vindeiro 8 de novembro na desputa da III Copa Cantábrica teremos ocasión de escancialo.....se estás farto da nacionalidade que marca o teu DNI , faite cidadán da República Billarda: ovaral@hotmail.com