O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 15, 2009

QUEREMOS GALEGO , QUEREMOS BILLARDA ....ISTA FIND BOTA DE NOVO A LÍNGUA E OS PALÁNS A PACER!!


ISTE DOMINGO , COMPOSTELA ÉNCHESE DE LINGUAS DESEXOSAS DE IDIOMA QUE LAMBER, POLA MAÑÁ CITA COA MANIFA E POLO SERÁN , DESPOIS DO XANTAR TOD@S A BELBÍS A DESFRUTAR E PARTICIPAR NA SEGUNDA ENGANCHADA DA CONFERNCIA CENTRO NO PARQUE DE BELBÍS. APARCEMENTO Ó AR LIBRE EN PLENO CENTRO DA CIDADE, XUSTO ENFRONTE Ó MERCADO DE ABASTOS, PARA QUE DEIXES O CARRO E OS BOIS E PARTICIPES DO ABERTO COORDINADO POLA EQUIPA-LNB DA GENTALHA DO PICHEL. ATENCIÓN PORQUE POLA MAÑÁ OBRIGATIRIO PASO POLO POSTO DA GALICOLA PARA CARGAR AS ANGARELLAS DE BRUBULLAS E POLO POSTO DOS IRMÁNS DE NOVAS DA GALIZA , DISTIBUIDORES OFICIAIS DE MATERIAL DEPORTIVO DA LNB POR SE CHEGAS A COMPOSTELA DESARMADO QUE NON CHE FALTEN PALÁNS E BILLARDAS PARA POLA TARDE BOTARTE Á PISTA DE XOGO NISTE DE SEGURO EXPLOSIVO E MULTITUDINARIO ABERTO DA ZONA ESTORNELA.


Moitos dos que van estar en Compostela o domingo estarán tamén iste sábado a partires das 16 h. en Moaña , niste xa mítico aberto puntuábel da Conferencia Sur no que de seguro voltaremos necersitar 4 pistas simultaneas para organizar a imparábel marabunta LNB que amiaza con converter Moaña nun enxamio de palanadores e palanadoras dispostos a chantarlle o aguillón ó imperialismo lingüistico. Atención porque Moaña é un referente absoluto para todos xa que o normal é que un centro social sexa xermolo dunha equipa LNB , mentras que no caso da Ghudalla, a súa participación na LNB foi un dos elementos clave que fixo que pensaran seriamente na súa transformación en cemtro social. E se acabas a xornada e con tanto trafego non tiveche tempo de falar e expresarte porque estabas comendo, bebendo , fumando ou rindo....no web oficial do Sur xa tes un foro no que deixar as túas pegadas e impresións porque ademáis dun foro da propio da Conf. Sur tes outro de ámbito nacional....a qué agardas? coa LNB podes expresate con libertade absoluta na pista, nos foros e nas rúas!!


E cos ourizos apunto de caer dos castiñeiros, a Conf. NoLeste xa non pode agardar nen un intre máis para saborear isa perla da terra chamada castaña. Sen descando posíbel das fabas ó Aberto do Magosto iste domigo ás 16 h. en pleno centro da vila Ribadense, un espectacular paso ó fronte da serpe multicor do Norleste inmersa no seu proceso de mutación de pel que deixa un poder e unha barvura inaudita nises lares. Atención porque ista conferencia está xa totalmente enfrascada na preparación da expedición da Auténtica para a desputa da Copa Cantábrica en Asturies. A Auténtica máis auténtica ca nunca , con himno propio ,do puño e letra do gran poeta nacional xabier cordal, e sen nengún tipo de axuda institucional vai por en marcha niste aberto do magosto unha espectacular rifa-axuda para que os milleiros de persoas que sabemos queren colaborar coa Auténtica teñan un xeito posíbel de facelo....pobo que esperas? adiante co varal!!