O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 05, 2009

O MAPA DOS SONS DO PORRIÑO!!


Coixet , ó contrario ca LNB, fracasa extrepitosamente na súa última fita cando tenta achegarse á esencia íntima dos xeitos de expresión xaponesa e ós modos de manifestalo. A esencia do cinema Haruki Murakami non a busquedes pois no cimea da catalá senón na inmersión no Foto-Varal do Aberto do Porriño no que se rachou o muro dos cen inscritos, a LNB consegue pois acadar o mutismo do cinema asiático donde as palabras sobran e ó que Coixet se tentou aproximar , a mostra é o extremecedor silencio que reina no album do foto-varal, elemento fundamental entendido coma outro xeito de comunicar.


Porriño troixo tamén a Elvis uniformado cunha flamante equipación do Real Madrid , a verdade é que guiados polos precedentes diste sensacional ex-Paquete Pincha cremos que en vistas das dimensións estratosféricas que está a acadar a LNB no hemisferio sur , Elvis vestiuse diste xeito , ó igual que o fixera fai uns meses na desputa do xerro do salnés con la roja, para advertirlle a Florentino e ós seus socios que saquen as súas sucias mans da LNB se non queres quedar "abrasados" coma a camiseta.

E como non podía ser menos, as pistas da LNB son un fervedoiro de libertade absoluta donde cada un pode liar a picadura que máis lle preste no papel de fumar , e con máis motivo no propio Porriño, donde se impuña un homenaxe á vila que nos recibíu cos brazos abertos....Legaliza-te!!