O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 13, 2009

A GENTALHA DO PICHEL , O EPICENTRO DUNHA EXPLOSIVA FIND NA QUE IMOS SACAR A LÍNGUA E OS PALÁNS A PACER!!


Aínda non chegaron as fabas de Lourenzá á pota de Markitos nas terras do NorLeste que nos outros dous frontes , Sur e Centro xa se prepararan para iste finde invadir Moaña , Compostela respectivamente ademáis de repetición da xogada no Norleste coa primeira gran inmersión, despois do éxito colleitado en Burela, no mesmo centro da vila Ribadense. En exclusiva mundial e coa producción de Daniel no seu estudio ribadense de augas mornas e peixes exóticos apresentamos o histórico estalo no que un dos palanadores da equipa da Gentalha do Pichel apresenta ó mundo a súa proposta de xogo e de intensidade. Precisamente a Gentalha coordina o Aberto que iste domingo 18 terá lugar na pista de Belbís en pleno corazón da cidade Compostelá nunha prolongación da manifestación da mañá na que as estornelas da LNB se unirán ás gorxas e ás línguas nisa orxía de amor nas rúas de compostela á lingua na que falamos , lambemos e amamos....sen dúbida Queremos Billarda, Queremos Galego!!