O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 11, 2009

A CONF. NORLESTE ESCENIFICA O INEVITÁBEL: A GALICOLA É XA BEBIDA OFICIAL DA LNB!!


POSIBELMENTE ISTE É UN DOS INTRES MÁIS INTENSOS VIVIDOS NA HISTÓRIA DA LNB, CONFÍRMASE O INEVITÁBEL , A GALICOA CHEGOU ISTE DOMINGO Á PISTA DE SAN XURXO (LOURENZÁ) DA CONF. NORLESTE PARA QUEDARSE E ESPALLARSE COMA O LUME NA HERBA SECA POR TODAS AS PISTAS DA LNB ESCENIFICANDO O QUE TOD@S ESTABAMOS DESEXANDO COA INTENSIDADE BRUTAL DUNHA PARELLA DE BOIS TIRANDO POLO XUGADA: A GALICOLA É XA BEBIDA OFICIAL DA LNB!! . Fai uns 50 anos Alberto Korda o fotógrafo Cubano pillaba coa súa vella cámara Leica ó Ché Guevara pensativo nunha foto que se convertíu en icono mundial dunha revolución en marcha , hoxe apresentamos a Manuel dos Outros nunha outra instantanea que só unha horas depois de ser tomada ten xa o cariz de icono pop mundial: ATemíbel Alianza Galicola-LNB .....que trema de novo o imperialismo coas nosas billarda e as nosas burbullas!!


E para demostrar a espectacular implicación da serpe multicor da Conf. Norleste impresionante a acción dos irmáns do Madia Leva que deixaron a cidade da Lugo en pleno apoxeo do San Froilán para participar nistas segunda xornada da Superliga , e atención porque os Madia non acusaron en absoluto o intensidade das datas festivas xa que despois de solidarizarse cos manteiros que están a ser preseguidos brutalmente nas ruas luguesas afrontaron unha xornada de loita e billarda en san Xurxo antesala da gran polvada-xantar coa que non celebrar o día da hispanidade , se andas pola cidade nen te acerques ó atraco das kasetas deixate caer no local da madia-Leva a iso das 14 h e participa dun San Froilán auténtico con música improvisada polos propios comensáis , aténcion que igual tes sorte e podes sentir en primicia exclusiva o explosivo Cantar da Auténtica ou Hinmo da LNB.... [ telefone 664207010,bem no mail madialeva.gz@gmail.com. O custo é de 10 euros. Polvo à feira, cachelos,vinho, sobremesa. A hora do jantar é as 14h:30 ]


E co espectacular análise deportivo na web oficial do Norleste, aquí temos obrigatoriamente que remitir ó acontecido a miles de km. baixo o dilubio brutal que os deuses agasallaron iste sábado Buenos Aires baixo o cal o Palermo lle deu vida á selección arxentina que maxistalmente dirixe Diego Armando Maradona. Markitos, Moises de Xove e Salgueiro o bonito cósmico ,punta de lanza da inmersión da franquicia burelesa de Buril, dilucidaron quen dos tres sería o dono dos dous kilos de fabas doadas por Veiga do Curral , Makitos de novo ímpúxose nas tres carreiras pero pola mínima , e víu xa na pista que o nivel brutal dunha serpe, a do Norleste , que muda de pel e colle unha potencia e unha capacidade de acción nunca antes coñecida e unicamente comparábel ó deus Maradona deslizándose no enlamado campo depois do espectacular gol de Palermo. E atención porque o troco de pel do NorLeste xa ten as súas primeiras consecuación iste vindeiro domingo 18 situando a 3º xornada da Superliga no mesmo centro da Vila de Ribadeo. Somos moit@s os que non poderemos durmir ista noite , e non será polo efectos da Galicola senón polo motón de boas sensacións experimentadas e o feixe de boas novas pouco a pouco se van confirmando....Atent@s ás pantallas!!