O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 21, 2009

BASILIO , O NOROESTE E A AUTÉNTICA TODOS A UNHA PARA AFRONTAR O EXPLOSIVO NOVEMBRO INTERNACIONALISTA !!


O mediático Basilio vence e convence en Belbís no multitudinario segundo asalto da conf. centro e achega a un só punto ós temíbeis trouleiros ós líderes furabolos, ademáis espectacular mención á achega da nova fraquicia LNB do C.S O Dume que se estrearon niste Aberto da Gentalha . Toda a info con fotos e análise no web oficial da Conferencia. E Atención porque a Conf. Noroeste tamén move ficha para iste vindeiro domingo , espallamos o apuntamento exposto no muro do seu espectacular fesbuc: " Billarda Lnb Noroeste : boas a todos palanador@s, despois do encontro da primeira xornda da lnb noroeste este domingo temos a primeira cita oficial e puntuable para a liga con un pequeno cambio: O horario que temos asignado e de 14:00 a 16:00 no fronton de Riazor. en princi...pio mantemolo pero pregamos ós capitans de cada equpo que confirmen a asistencia. " Adiante pois a conferencia atlántica xusto no intre no que a Auténtica comeza a por en marcha a súa poderoso maquinaria para afrontar o explosivo Novembro Internacionalista que nos levará a Asturies e Euskal-Herria.... Atentos ás pantallas porque chega o Auténtica European Tour!!