O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 18, 2009

AS BILLARDAS , AS CASTAÑAS, O KORO DA LNB E A VOZ DE RADIO-VARAL RACHAN COA TRANQUILIDADE DUN DOMINGO EN RIBADEO!!


Xa se ensaiara no pasado interparroquial , a Conf. Norlest ó igual cas outras olla cara ó Sur para tomar recortes sobre a súa espectacular aposta de interacción radiofónica a pé de pista, un minuto e varado que fixo tremer á Torre dos Morenos xa que xusto diante se situou o set de Radio-Varal con explosivo Xosiño que se fixo cun público que acudíu en masa escoitar a súa maxistral narración das series clasificatorias e finais. Homenaxe do noso speaker ó recentemente falecido en circunstancias descoñecidas Andrés Montes rememorando o seu tiki-taka e sobre todo, sabemos será especialmente extremecedor cando ises lamentábeis comunicadores locais se enteren da que Xosiño armou no Cantón , polo que xa poden por as súas barbas a remolo porque Xosiño os papa a todos xuntos.


E sen trocar o dial para a cope nen onda cero , mantendo como non o sinal de Radio-Varal , todos os palanadores e palanadoras que asistiron a iste 3º Aberto puntuábel puideron participar dun espectacular magosto popular organizado pola LNB en pleno centro da vila ribadense.


Pero non todo acabou ahí nen moito menos, coas castañas estalando xa no bandullo o Koro da LNB comezou a ensaiar o Himno da Auténtica , coas gorzas e o punto de mira posto o día 8 de Novembro nunha nova edición da Copa Cántábrica en Asturies, atentos á xogada porque seguiremos informando!!


Find pois, con tres frontes abertos, donde as billardas saíron á rúa ó igual cas nosas gorxas para decir que co único co que non estamos dispostos a xogar é co noso idioma.....Queremos Billarda!!