O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, outubro 26, 2009

ACUTO>> PIC I PALA , A SEMILLA DA COPA CANTÁBRICA AMIAZA O MEDITERRANEO!!


Vencendo o tremendo trebón de auga co que o ceo quixo agasallar ós palanadores e palanadoras da LNB que iste sábado polo serán loitaron no Aberto do Castañazo de Maceda no que Xosé Miguel da Faisca (e non Gil coma erroneamente se apuntou en primeira instancia) se impuxo á auga e ós seus rivais , mais a tremenda ledicia da molladura billardeira de Maceda compartida polos membros dos Tres Trebóns e dos Fracasados de Antemano , contrasta coa mágoa de hoxe mesmo ó prender a tele e ver un mandado da galega na praza de María Pita realizando unha enquisa ós peatóns sobre como lles gosta que se chamara á cidade na que habitan , A Coruña ou La Coruña , unha probocación inaudita ante o cal non nos estraña as complicacións que están a sufrir os compañeiros da Conferencia Noroeste para buscar espazo respirábel nisa cidade da CRUNHA. Vendo o nivel anti-galeguismo que manifesta a televisión pública diste país , é normal que teñamos que buscar referentes fóra disa escombreira de imaxes e ruidos polo que vos propomos que para desintoxicar vos mergulledes de cheo no último audio-estalo de Radio-Varal, de novo o irmán Carlos Suari no seu referencial programa Acuto , entrevista a un dos potenciadores máximos do deporte do Pic i Pala nos Paisos Cataláns . Angel Gómez dende a súa trincheira valenciá promociona a aferrúa a revilución billardeira na beira do mediterranea , con referencia a Copa Cantábrica Angel e os seus xa teñen en mente como di na entrevista realizar unha gran Trovada ou encontro de seleccións dos paises íberos en terras valencianas. Isa pode ser a gota que colme o vaso do pasado congreso internacional de Pic i Pala, Boli i Escampilla celebrado o pasado mes de marzo en castellón á que a LNB enviou un documento de discusión que agora xa podedes descargar akí.


Iste mércores a PxA ( Plataforma de xestión da Auténtica) pecha a lista e establece os criterios para a viaxe do vindeiro 8 de novembro desputar a Copa Cantábrica en Piyarnu (asturies). Se non te anotache faino e faino axiña porque a Cantábrica coma Angel ben sabe é a semilla da futura explosición billardeira internacional . Ademáis coma ti tamén ben sabes para o 14 de novembro outra serpe de carros vai partir da Galiza cara Pasaia en Euskal Herria , ademáis vendo a o espectacular aspecto das pistas LNB coma o de Moaña , atrevémonos a comezar a pensar en tribunas móbeis para acomodar ós centos de siareir@s que ven na billarda o único deporte capaz e posíbel.....adiante pois ise noso mundo de xente!!