O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 04, 2009

POR FIN CHEGA A DESPOLITIZACIÓN Á POLÍTICA DEPORTIVA GALEGA!!


José Ramón Lete toma posesión coma secretario xeral para o deporte do novo goberno galego , polo que será o máximo cargo institucional do novo organigrama do equipo pilotado por Feijoó. Nós non fomos convidados á súa toma de posesión , como se pode ver no video , surpresa do presidente cando se atopa con Álvaro Pino , e olladas cómplices co resto de "campións" alí presentes. Lete chega dende Madrid do equipo de goberno de Esperanza Aguirre e supomos polas verbas do presidente, disposto a bañar o deporte galego cun estrano xarope antipolitización cousa da que nos aledamos enormemente:

Durante a presentación do secretario xeral para o Deporte o presidente da Xunta comprometeuse coa "despolitización" do deporte galego que, segundo el dixo, caracterizou ao Goberno anterior: "queremos cambiar a politización do deporte pola política do deporte". Nesta liña falou de traballar para facilitar a práctica deportiva á cidadanía.


Por fin pois , van importar os suores e non a cor do que súa , a ver se é verdade se ó novo secretario de deporte, vasco de nacemento, ademáis de non importarlle as cores non lle importan os cheiros dos que suamos e non lle dá á LNB coa porta nos fuciños cando poñamos riba da súa humilde mesa do despacho as nosas tamén humildes esixencias coma deportistas galegos e galegas , despolitizados e despoilitizadas que somos. Polo momento e ate que non se adapte ó sempre duro clima dista terra , aconsellámoslle que tome repouso mentras nós iste domingo desputamos en Xil , o de seguro multitudinario Aberto Nacional do Xerro do Salnés donde os irmáns de unha , grande e chea xa comezan facer ferver o ambiente e as barricas !!