O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 19, 2009

IN THE GHETTO , ELVIS PON A GUINDA EN CASTRELOS A UN HISTÓRICO FIND DAS LETRAS, >>Dalle ó play!!

Fai uns anos cando na mariña comezaron asubiar as billardas , alguén pensou que se podería chegar a ista maravillosa loucura na que estamos inmersos? . Ista e moitas outras cuestións son as que se analizan no tren do serán da Radio Galega unhas horas depois que o furacán billardeiro invadira o país cun impresionante asedio de billardas no maís combativo día das letras dos celebrados en moitos anos, dálle ó Play e chanta os ollos!!

COMPOSTELA E A CORUÑA , EPICENTROS DO NORTE!!

12 valentes palanadores desafiaron o temporal de chuva que azotou compostela este pasado sábado para darse cita no 1º Aberto da Gentalha coincidindo coa festa do 17.

Foron bastantes o palanadores que se deron cita ao comezo do aberto e que xogaron un rato. Xente maior que pasaba por alí, outra xente que disfrutaba da festa da Gentalha, curiosos, peregrinos, turistas, etc. Pero coa chuva, so 12 decidiron tomar parte na competición. Na alameda compostelana comezaba o torneo con xente de varios puntos do país coma Cuntis ou Navia.


Pouco a pouco íanse desputando unhas carreiras moi igualadas nas que case sempre se chegaba ao desempate. E foron pasando as roldas e a final chegaron Marcos da Gentalha e Cholo. Cada un gañou unha carreira e na definitiva Marcos alzouse co triunfo. Este aberto pode formar parte da xestación da futura conferencia centro.

Tamén chamou a atención o coñecemento da xente da LNB preguntando bastante xente que donde estaba televaral e o seu famoso micro.

INTERCONEXIÓN ENTRE AS CONFERENICAS E OS CONTINENTES!!



Moito se está a falar xa do mítico Voo de Alberte de Almuinha pese ó cal non puido evitar a victoria do xa temido Toño dos Furabolos na final do Aberto de Marin , pero algo moi salientábel acontecido en Marín tamén, e que está a protagonixar os corriños , é a masiva presenza da colonia magrebí niste aberto que pode abrir as portas para unha posíbel futura inmersión africana da Auténtica.


Furabolos do Pino a máis nómade franquicia de toda a LNB non podía faltar nista find de infarto , e elexiron Marín para apoiar coa súa prrsenza e o seu xogo o Aberto coordinado polo compañeir@s de Almuinha.


Un sol de tarde Vigués aplacou a humidade dun terro de xogo que non impedíu o espectacular desenrolo diste aberto das letras coordiando polos compañeiros da Faisca e da Conf. Sur, ademáis chegaban ó parque de Catrelos palanadores co insoportábel mono billardeiro despois da suspensión pola chuvia do Aberto da Illa de Samertolomeu.


Billardeiros + Os Outros invadindo dende o Norleste as terras do Sur, cita de auténticas estrelas no parque de Castrelos, Daniel e Elvis protas dunha espectacular final .


Elvis , inconmensurábel pechou cunha histórica xornada vencendo a un moi guerrilleiro Daniel das tribos do NorLeste que tentará en Ove meterse na gran muiñada de Conxo para desquitarse do poderoso palanador dos Pacote Pinchas. Mantede o sinal porque TELE-VARAL estivo surfeando nas pozas de Castrelos!!