O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, maio 07, 2009

TODO DISPOSTO PARA VIVER UNHA, GRANDE E CHEA FIND DO XERRO DO SALNÉS!!

Hai veces que faltan as palabras e unha delas é ista, cando unha xente tan reputada, dinámica e activa coma de UNHA , GRANDE E CHEA que co lanzagranadas situado no corazón do Salnés e por iniciativa propia nos agasallan con iste maravilloso video-estalo resumo absoluto e emocionante da filosofía dunha revolución en marcha e ca recén estreada B.S.O dos Fachenda Galega , só nos queda decir que un millon de grazas UNHA e que istas sons as cousas que en verdade nos dán forza e impulso para seguir adiante cada día, cada minuto e cada segundo..... pese ós milleiros de obstáculos que nos imos atopando no camiño maravillas coma ista son as que nos indican que imos na mellor das direccións posíbeis, e máis se ven acompañado diste grandioso texto:

Pequena homenaxe de Unha Grande Chea a Liga Nacional de Billarda, o "deporte rei" do noso pais.


Todo disposto e o ambiente fervendo , quedará o Xerro nas cálidas terras do Sur donde permaneu todo iste ano ou virá para o xélido norte acompañando ós temidos esquimós na súa xa mítica guagua-trineo empurrada por unha larada de asilvestrados cans de palleiro?

A resposta a partires das 17 h , na pista das Angustias de Xil , xusto diante da Meca Billardeira do Salnés chamada A Taberna da Cancela que vai ser a que patrocine a botella de viño do campión do Aberto no que a suma das puntacións dos 10 mellores clasificados de cada combinado decidirá en cal dos hemisferios terá o xerro o seu lar durante un ano.

TOMA NOTA E PROGRÁMATE:

8:15 H >> saída da Guagua de Ribadeo, coas paradas paradas habituais.

10:30 H >> parada técnica no Reataurante O Cadaval para a tomar a parva e lugar no que se sumará a delegación dos Furabolos do Pino

12 H >> chegada á Taberna da Cancela, punto de encontro das delegacións do Sur e norte para iniciar o Tour polos Furanchos.

14:30 H >> xantar de irmandade

17 H >> ABERTO DO XERRO DO SALNÉS

E O PREVIO DO XERRO NA II FESTA TREZECATORCEADORA:

Pero o sábado o Xerro xa vai comezar a fungar na espectacular II Festa Trececatorceadora dos compañeiros do 13-14 , como tod@s sabedes franquicia LNB ademáis de activos dinamizadores da vida social e cultural de Salceda de Caselas donde iste sábado 9 , a atan só unhas horas de invadir a Pista das Angustias de Xil moitos dos palanadores da Conferencia Sur quentarán motores no Aberto de Billarda e cos chimpos diante do escenario do espectacular concerto da noite. Adiante pois, sen un paso atrás nen para coller impulso!!