O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 07, 2009

VIGO , A MAIOR CIDADE GALEGA RECIBE Á GRAN SERPE MULTICOR DA LNB!!

A partires do vindeiro sábado 10 e por obra e graza dos compañeiros do C.S Faísca e da Conf. Sur da LNB, Reixa terá que sumarlle un verso máis ó poema que fai moitos anos adicou á súa cidade,

Vigo, Gaza misiles kazzan e Billardas !!

CIDADE - A. Reixa

vigo, xa teño estado eiquí noutro sitio
vigo verbo de mirar e non ver nada
vigo sen vivir en min
vigo beirut en cada estoupido líbano
vigo: muller barbuda
vigo, os dedos de fingers yaveh tiñan artrose en pegada e ría
/
vigo: placenta de maná centrífugo
(o nacemento de vigo non é o belén da caixa de aforros)
vigo, os pastores do belén da CAV de tan hebreos son sionistas
/
vigo nazareno (o cristo da victoria era de ourense)
vigo de grúas asombradas, vigo: lumpen salitre, vigo: bacallau
/
vigo, en ti escarrancharon o desexo, os tranvías e os poetas épicos
/
vigo: empanada de cebola
vigo é un campamento de refuxiados en territorio ocupado
/
vigo de vigueses de viguesas de portuguesas que fan o francés
/
vigo: ourensáns, vigo: chacho, vigo: barato, barato
vigo: peronismo de praias
vigo, o atlántico é unha piscina
vigo quere dicir vosoutros non sodes nosoutros
verso nº 20: vigo está feito do menisco dun mamut


Antón R. Reixa