O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 16, 2009

2º ASALTO: PARTIDOS ÍNTEGROS DA LNB NA "GALEGA TDT" XA !!

Trepidante inmersión televisiva da LNB no impactante estreo do Cazador de Palabras, o novo programa da Galega que arrincou cunha forza inusitada tomando coma pilares de arranque a Tribu-LNB e ós irmáns da Loita Galega , dúas disciplinas que amosaron, como moi ben dixo Matías durante a presentación , a súa urxente consideración de deportes porque a naide lle escapa xa, que hai moito tempo que isto deixou de ser un xogo. Rescatamos ademáis unha espectacular instantanea na que dous palanadores da LNB , entre carreira e carreira, botan unha loita galega tentando facer feixe un ó outro , xa son moitas as voces que berran por un encontro de ambas disciplinas nunha mesma pista , se xa foi impactante aquel mítico encontro nas páxinas do especial d´aquela A Nosa Terra , agora ista alianza televisiva fai afondar aínda máis uns profundos lazos de unión.

E atención porque ó igual que moitos palanadores e palanadoras van estar ista noite a partires da 1 da madrugada sintonizando coa Galega TDT para ver o combate do púxil galego Ivan Pozo fronte ó francés Christophe Rodrigues na LNB esiximos e imos loitar coa mesma intensidade que Iván saca os puños polo campionato europeo do peso mosca para que a Galega TDT retransmita "integros" partidos de billarda das grandes finais nacionais ó igual que vai emitir o gran combate dista noite, preludio perfecto dos golpes que na pista de Vilamar ( Barreiros) iste domingo 18 a partires das 16 h . se van producir por manter os lideratos por equipos e individual na enganchada regular da Conf. NorLeste que inaugura un novo ano billardeiro, atención... indispensábel saltar ó ring Vilamar equipado con protección nos dentes!!