OS PAQUETE PINCHA IMPOÑEN A SÚA LEI NO MULTITUDINARIO ABERTO DE VIGO!!
Vigo foi como se prevía a confirmación absoluta que os records están para racharse, se moitos botaban as mans á cabeza por aquela inmensa nóminda de apuntados no mítico Torneo de Moaña , agora qué facerán cando se enteren que xa se superou o números de palanadores e palanadores nun campionato LNB establecendo a marca nun estratosféricio número de 73 activistas billardeiros dispostos a desafiar as temperaturas baixo cero como a que se produxo no pavillón Monte da Mina en Castrelos que consagrou ós Paquete Pincha coma gran referente nista Conferencia Sur que medra e se reproduce coma os coellos , espectacular nova a da incorporación dunha nova franquicia á competición , os compañeir@s do Guindastre que fai pouco estreaban centro social no barrio de Teis non desaproveitaron que a serpe multicor da LNB estaba na cidade para estrear tamén franquicia billardeira .
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEikHzmd9f7FfYE75PK8ipogyLZWiHS9hH7CRY8ZwvKDWWJupUJI6qXnZi6t2kBMKi1Zhyphenhyphenc1AXEheVx_aZyHjnSU3oGQqyl9yC_1RvHMk5TkMEXBM9Isb5yAIgTdYpGr1LawmUlG9w/s400/final+vigo.jpg)
Moi especial mención á espectacular organización e implicación dos compañeiros da Faísca e á delegación dos Furabolos do Pino , coñecidos e recoñecido xa en todo o páis pola súa faceta nómade, arribaron en Vigo para amosar no sur tamén a súa tremenda pegada. Paso obrigado polo web oficial da Conf. Sur para coñecer todas as incidencias dun aberto vigués no que os Paquete Pinchas por equipos e en individual con Pablo e Amil monopolizando a final impuxeron a súa lei. Só Rubén dos Lideira foi quen de rachar co podería dos Paquete vencendo no concurso de paláns nun espectacular formato que podermos ver no explosivo video de TELE-VARAL.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhqnZeibG-Gaab5_zfduxEfrjJmvG-BS6rPYPMhE8SziNCi7jcwMnzvLHKHcUt0-EhcLnSRifxCCmO-hp3W5CKDXtxJSbOc26QZ1WO7gw2oS5KDDU95NmK0Iftsl6TXV5mI2uxJ7A/s400/aut.jpg)
Entre bombardeos e golpes nas costas , coma as espeluznantes imaxes que amosamos niste foto-documental do acoso policial que vairos palanadores da Conf. NorOeste sufriron depois do Aberto da Auténtica na Coruña, a tribo do Sur toma alento coa ollada posta no seguinte torneo do 14 de febreiro en Budiño (O Porriño), organizado coa colaboración da Asociación Cultural A Forna.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg64c40wzq2W463E68Opja287pHkK2gG6w9bk1Q5yZ8JX7L4hMUuFDIa5fce7A_-Dcc40_OuUPJLBibc77Qj1pJWPCeUDiChhLfuLz25Uu_Lkjjncv04MqJZC0KoE4BAykexzb8zg/s400/aut1.jpg)
Mentras no NorLeste as principais franquicias concentrar ós seus palanadores e palanadoras para iste domingo 18 asaltar a pista de Vilamar no concello de Barreiros.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhGwjhS4OpERN2QgqGgealvseazpQjXJT6dSXBfWFBR49a-g17c4qAdhdBvHCdMguSDpMV3SoajAGjSgTYapJ7EQXuUZcba1fHZB6dbb7rilnvfhsUOblQsEj6HKrteA74wsYew-A/s400/aut2.jpg)
E Atención porque para o sábado 31 a LNB traballa para a realización dun Grande Aberto Nacional , iremos informando ....Atentos ás pantallas!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home