EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ]
>>>>>> ovaral@hotmail.com
terça-feira, janeiro 20, 2009
A LNB APOIA PUBLICAMENTE A CAMPAÑA "BUENO" COMO INTERXECCIÓN EN GALEGO!!
Dende o explosivo web do Alema , púxose en marcha unha espectacular e moi necesaria xa campaña a prol da consideración de "bueno" como interxección en galego , durante o estalo televisivo da LNB que podedes ver íntegro akí , os palanadores fixeron uso e abuso do termo amosando ás claras a loita tamén nas pistas da LNB a prol da oficialidade diste travestismo lingüistico.
Non hai unha expresión equivalente a outra do galego (nin 'ben', nin 'bo', nin 'vaia'… son o mesmo ca 'bueno')
'Bueno', como interxección (non como adxectivo), é de uso universal por parte dos galegofalantes (ninguén escapa dela)
O galego deulle unha dimensión diferente a 'bueno', mesmo maior á do castelán (como se di, por exemplo, "bueno, carallo, bueno" en castelán?)
'Bueno' ten presenza constante na literatura en galego (emprégase, segundo o TILG, desde hai 130 anos e ata Castelao usaba habitualmente 'bueno')
A RAG admite os castelanismos "tortilla", "bocadillo", "habanera", etc. "Bueno" úsase moito máis e non ten entrada nos dicionarios.
Actualmente estase levando a cabo unha campaña de presión para conseguir este obxectivo, á que calquera se pode sumar en http://causes.com/bueno.
2 Comments:
At 11:11 PM, Unknown said…
aí, aí
a primeira entidade deportiva que o apoia!
a vitoria está cada vez máis próxima, compañeiros!!!
graciñas polo voso apoio
alema
At 4:30 AM, J. said…
A Vitória está próxima!!! E ainda mais próxima está Santander!! Ghueves, dios, galhego, ghoder, diziembre... som castrap... galegas!!!
Postar um comentário
<< Home