O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 02, 2009

ENTREVISTA EXCLUSIVA DE TELE-VARAL NO KOTILHOM DE BURIL APOANDO A HORA-NH!!

A ENTRADA DE ANO EN HORARIO NATURAL GALEGO, ISA FOI A CONSIGA DOS IRMÁNS DE BURIL E TELE-VARAL DESPRAZOU UN COMANDO ITINERANTE ATE O KOTILHOM BURELÉS DONDE AS BADALADAS SOARON COLPEXADAS POLOS COIOS DA RESISTENCIA HORARIA.IMPRESIONATE O VIDEO ALÍ ESTREADO E IMPRESIONATE AS VERBAS NA PORTA DO PUB TIRA MILLAS DO LEITOR DO COMUNICADO QUE NUN ACTO DE VALETÍA SUPREMA DÁ A CARA EN EXCLUSIVA PARA AS CÁMARAS DE TELE-VARAL



Sexan uvas pasas, sorbiños de licor café ou anacos de pan con touciño pero que sexan á nosa hora, iso enteron tod@s os que acudiron á chamado do colectivo buril para celebrar a entrado do aninovo na denominada Hora-NH . Atención ó seu web porque xa se pode ver o espectacular video que estrearon no Kotilhom , impresonante!!



Dende as 12 o mellor da cada casa foi chegando ó Tira Millas , Sei o que nos figeches , o Lindín-Power e a LNB estaban alí plantados dispostos a sincronizar os reloxos de area co Colectivo Buril.



A xente de Buril nos estivo soa nista poderosa acción de entrada no aninovo, carros desprazados dende varios puntos de toda a mariña encheron o Pub Tira Millas que tivo que facer incluso un pase á 1 h da mañá en horario NH para que todos os retrasados puideran sentir as badaladas niste caso en horario Cabo-Verdián e poder ver o espectacular video preparado para ocasión, un explosivo estalo que vai dar moitísimo que falar!!



Puños en alto nun Kotilhom reivindicativo no que se pedíu a berros a imnersión horaria non só para Burela senón para o país enteiro , sincronicémolos reloxos coa Hora-NH!!