O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 28, 2009

ACUTO ANUNCIA QUE O GRAN VENDAVAL DO LIRIU VAI AZOUTAR TODA ASTURIES!! [preme]

Como levados pola intuición da extraordinaria portada do Anuariu de Música Asturiana que de xeito gratuito distribúen en todo o país veciño o referencial semanal Les Noticies, Radio Varal utilizou unha disas K7s para captural un novo estalo producido no programa irmán ACUTO que exercendo tarefas de doutor tomou o pulso unha vez máis á gran revolución do Liru que vai tomando forma e ensinando os dentes. Como di Carlos na súa gran locución , o inverno é tempo de pausa para o deporte tradicional no páis veciño, pero os aborixes do Liriu , coma nós non obedecen a estereotipos e co impulso do devastador vendaval preparan o inicio do gran proxecto que obedece ó nome de Campeonatu Nacional de Liriu, que de xeito inminente estár artellando o inicio da súa andaina. Xuacu un dos responsábeis de CNL e da franquicia con sede en Uvieu, Espor[a] estivo en Acuto , sinte aquí o seu alento preludio absoluto do gran vendaval do Liriu que vai azoutar toda Asturies!!

8 de febreiro >> COMPOSTELA , PALESTINA EN CADA VARADO!!

E se en Asturies as machorras están en alto, en Palestina as bombas continúa ameazando á populación polo que podemos confirmar que para o vindeiro domingo 8 de febreiro ás 16 h. na pista de basket do Parque de Galeras en Compostela vai celebrarse o Aberto Nacional Solidaridade con Palestina e cos represariad@s , polo que ide tomando nota xa que agardamos unha masiva afluencia de persoal disposto a loitar cos paláns e billardas contra a masacre das bombas de ultima xeración israelís. Iste Aberto suspende temporalmente a xornada regular no NorLeste ate nova ubicación no calendario , pregamos desculpas e chamamos á masiva afluencia a Compostela de todos os palanadores e palanadoras do país para coverter Compostela nunha Gaza minada de billardas contra o imperialismo. Atención ás pantallas porque en breve poremos o programa de actos completo para isa xornada do domingo 8 de febreiro máis os colectivos que se suman a ista gran festa de apoio ó pobo Palestino e á revolución da Billardeira.